1 Os sofistas

Un cambio político na Atenas da 2ª metade do século V a.n.e, o xurdimento da democracia, vai axudar ao desenvolvemento dun grupo de estranxeiros chamados os sofistas. Coa aparición da democracia o poder vai residir na asemblea de cidadáns (varóns libres naturais de Atenas, quedaban excluídos os escravos, os estranxeiros e as mulleres) gozando todos dos mesmos dereitos; isto xera a necesidade de prepararse para falar en público, co fin de argumentar ben as ideas para convencer a maioría. Os sofistas van ser os encargados de realizar esta tarefa, converténdose nos primeiros mestres da cultura occidental. Estes pensadores, profesionais da educación e da arete (virtude), inclúen nas súas ensinanzas un conxunto de disciplinas humanísticas: retórica, gramática, política, dereito, moral... a cambio disto recibían un bo salario. O termo sofista significaba sabio, profesional do saber; a partir dos diálogos platónicos este termo vai acadar unha connotación negativa, pasando a significar "hábil enganador".
Os sofistas non forman unha escola, eran intelectuais que ensinaban individualmente, a pesar diso hai neles unha serie de características comúns: o tema central dos seus pensamentos é o ser humano, son críticos coa sociedade e cos costumes, defenden a isonomía ou igualdade perante a lei, a antítese entre natureza e convención, así como tamén o relativismo e o escepticismo aplicado ao coñecemento e á moral.
Os principais representantes son: Protágoras, Gorxias, Pródico, Hipias, Calicles, Trasímaco.
1.1 Protágoras (-481 a -411)
Principal representante dos sofistas, natural de Abdera, viaxou varias veces a Atenas permanecendo alí longas tempadas e mantendo amizade con Pericles.
O triunfo de Atenas nas Guerras Médicas (-492 a -479) será posíbel gracias á mobilización popular. O pobo esixe compensacións e maior participación no poder. O esplendor de Atenas coincidirá co goberno de Pericles (-479 a -431),na ilustración, e o seu apoxeo cultural económico traerá como consecuencia unha distribución máis igualitaria do poder a través da Democracia. Pero o poder provirá da riqueza ou do prestixio social e o acceso ao poder vai ir vinculado á posesión do saber. A vida na agora esixe formación. Os sofistas democratizan o saber. A eles non lle interesa tanto atopar a verdade canto convencer aos demais.
Adicouse ao ensino e fíxose famoso por aprender os seus alumnos as diferentes formas de defender ou atacar un problema. Foi acusado de impiedade e tivo que fuxir para evitar a condena. Escribiu: Sobre os deuses, Sobre a verdade... (das obras só quedan fragmentos). A súa filosofía vai dar un xiro con respecto aos filósofos anteriores dado que o tema central do seu pensamento é o ser humano.
Protágoras vai marcar a oposición entre physis (natureza) e nomos (lei). As leis non son naturais, non teñen fundamento na natureza nin nos deuses, senón que son convencionais, ou sexa froito dun acordo ou da imposición duns seres humanos sobre os outros. Polo tanto as leis tanto no campo da moral como no da política son deste xeito pero poden ser doutro; isto corrobórao a existencia de normas diferentes nas distintas culturas.
Defensor do escepticismo, nega a posibilidade de chegar ao coñecemento obxectivo e tamén a existencia dunha única verdade ou relativismo: hai tantas verdades como seres racionais, a única realidade é a que captamos polos sentidos, de aí que a verdade se reduce ao que queremos nese momento, as cousas son como cada quen as percibe dependendo da cultura, a educación, a natureza... Protágoras aplicou o relativismo á moral e á política, afirmando que non hai valores morais nin leis válidas para todos, o bo, o xusto, non son termos universais senón subxectivos.
No que se refire á relixión Protágoras foi un agnóstico, afirmando que sobre os deuses non se pode emitir ningún xuízo.
1.2 Gorxias (-483 a -375)
Natural de Leontinos (Sicilia), parece que foi discípulo de Empédocles, viaxou e traballou en moitas cidades, entre elas Atenas. Foi mestre de retórica e cobraba polas súas ensinanzas, adicábase segundo el a conseguir que os seus alumnos fosen hábiles oradores, sendo capaces de falar de calquera tema. Escribiu varias obras: "Sobre a natureza", "Encomio de Helena", "Defensa de Palamedes".
Gorxias vai defender un escepticismo extremo misturado cun nihilismo da realidade. Segundo el non hai unha realidade inmutábel que permita ser coñecida, isto vai en contra da tese dos presocráticos sobre a existencia dunha realidade que permaneza fixa, disto derívase a imposibilidade do coñecemento e a inexistencia da verdade; o único que temos son opinións. Só coñecemos as aparencias, a verdade e a mentira non son máis que opinións ou diversas formas de concibir un feito. Gorxias afirmaba: nada é, se algo fose sería incognoscíbel, se fose cognoscíbel sería incomunicábel.
O seu razoamentos sería o seguinte:
· Nada existe: Se algo existira ou sería o ente ou o non ente, ou ambas a vez. A existencia do non ente é contraditoria xa que existiría e non existiría ao mesmo tempo. O ente de existir tería que ser eterno ou xerado, ou ambas as dúas cousas. Se é eterno carece de principio entón é infinito, e logo non está en ningunha parte. Se fose xerado sería a partir do ente ou do non ente, desde o ente xa non sería xerado porque xa existe e desde o non ente xa que o xerador ten que ser existente, e o non ente, non existe.
· Non podemos coñecelo: Se existise non poderiamos coñecelo. Se o pensado non é existe, o existente non pode ser pensado.
· Non podemos comunicalo: Só comunicamos palabras e non a realidade.
Con respecto á moral, nega a existencia de normas morais xerais, a forma de actuar depende do que resulta máis conveniente para cada situación. Podería chamarse unha ética da situación: A moral é circunstancial e non é igual para todos. As circunstancias mesmo son responsables do propio comportamento: exemplo de Helena de Troia, ben seducida pola palabra, polo amor, dominada por un Deus, etc....
A nivel político era partidario da unión fraternal dos pobos gregos, co fin de manter a paz e loitar contra os inimigos (panhelenismo).
1.3 Os últimos sofistas
Logo da derrota ateniense e da ditadura dos 30 tiranos o movemento sofista sofre tamén algunhas variacións e atopamos mesmo algún dos seus membros, como é o caso de Critias, implicado na devandita ditadura, que levan ao pensamento sofístico cara a lexitimación da lei do máis forte.
Xunto con Critias, Calicles e Trasímaco tamén sosteñen que a natureza fai aos homes desiguais e a lei pretende igualalos. Debe imperar a lei do mais forte. Antifón considera que a lei é anti-natural, o natural é o egoísmo. Por iso sostén que hai que infrinxir as leis humanas cando ninguén mira.
Tamén é característico deste movemento a descalificación dos deuses. Pródico de Ceos considera que os Deuses proceden do sentimento de débeda dos humanos. Animismo: Agradecemento á natureza (Sol, Lúa, Río, Mar...) Politeísmo: Agradecemento a quen inventou obxectos artificiais (Dionisio inventou o viño). Para este autor a morte non debe ser temida porque que vive aínda non morreu e quen morre xa non posúe sensacións, non sente nada, nin bo nin malo. Critias considera que os Deuses foron inventados para evitar que non se cumpra a lei cando ninguén mira.

2 Sócrates
2.1 Vida
Sócrates naceu en Atenas (470 a.C.-369 a.C), fillo dun escultor e unha comadroa. Casou con Xantipa e tivo tres fillos. Participou na guerra do Peloponeso. Inimigo do desexo de riqueza, andaba descalzo e case sempre coa mesma túnica; da súa personalidade destaca a capacidade que tiña de autocontrol. Malia ser un bo cidadán foi acusado de non honrar os deuses do Estado e de introducir outras prácticas relixiosas, ademais do delito de corromper a xuventude; por todo iso foi condenado a morte. Puido cambiar a pena polo desterro, pero iso significaba admitir a súa culpabilidade e Sócrates estaba convencido de que non fixera nada malo. Charlou tranquilamente cos seus amigos, despediuse deles e acto seguido bebeu a cicuta.
Non escribiu nada, adicouse ao ensino, labor polo que non percibía un salario e consistente en dialogar cos seus discípulos co fin de chegar ao coñecemento. Foi mestre de Platón, quen recolle a filosofía socrática nos primeiros diálogos.
A condena a morte de Sócrates foi utilizada polos antidemócratas (Platón e Aristóteles) como exemplo de que as masas que votaron maioritariamente en contra da sabedoría, e por tanto non se pode deixar nas súas mans as rendas do goberno da Polis.
2.2 Diferenzas cos sofistas
Sócrates representa unha rotura co movemento sofista e mesmo o seu maior inimigo e refutación. En resume as principais diferenzas que presenta fronte a estes son:
Segundo conta Aristóteles, Sócrates empregou o proceso de indución (partindo do estudio de varios exemplos individuais, extráense as características xerais que comparten todos eles) para chegar á obtención de definicións ou conceptos universais. Partindo de casos concretos intenta definir o concepto común, pois o concreto varía e o común permanece constante.
Os conceptos universais expresan as esencias inmutábeis da realidade, non dependen de cada un como afirmaban os sofistas, por iso Sócrates afirma a existencia da verdade absoluta e a posibilidade de chegar a alcánzala; con isto ataca o relativismo e o escepticismo dos sofistas, Sócrates era unha persoa fundamentalmente práctica, polo que vai buscar as verdades universais non no campo da ciencia senón no da ética. El observaba que había moita confusión con respecto ás definicións de termos morais, e para poder actuar debidamente é imprescindíbel saber o significado destes termos. (Por exemplo como vou actuar dun modo xusto se non sei o que é a xustiza).
Sócrates empregou un método chamado maiéutica, baseado nun diálogo de preguntas e respostas; este método de investigación ten dous momentos. Primeiro momento, a ironía: propón unha cuestión como pode ser: que é a xustiza?, que é a virtude?... despois de que o interlocutor fai unha afirmación, el, valéndose de preguntas en torno ao tema discute e rebate a resposta ata que o convence de que é un ignorante, posto que o punto de partida de todo coñecemento, para Sócrates, é a admisión da propia ignorancia. Segundo momento da maiéutica: a través de preguntas graduais, sobre o que pode ser ou non ser a cuestión tratada, axúdalle a descubrir a verdade; isto pódese entender se temos en conta que para este filósofo a verdade está dentro de nos e teñen que axudarnos a sácala.
2.4 O intelectualismo moral
Sócrates abandona as especulacións sobre a natureza, céntrase en como debe ser o comportamento do ser humano, na procura dunha sabedoría práctica.
O intelectualismo moral, doutrina que el defende, identifica virtude con coñecemento, a virtude consiste en saber que son o bo e o malo para actuar en consecuencia. De aquí podemos deducir que a virtude, o mesmo que a ciencia, pódese ensinar. A bondade e maldade non deriva da natureza do suxeito senón da aprendizaxe e a práctica. Unha vez que coñecemos que é o ben isto provoca un cambio no entendemento que inflúe na vontade e lévanos a obrar en consecuencia; isto implica que ninguén obra mal voluntariamente senón por ignorancia, polo tanto a sociedade en vez de castigar o que obra mal, terá que encargarse de edúcalo.
O intelectualismo moral socrático vai influír en: Platón, Aristóteles, nas escolas do período helenístico e na Ilustración.

- É Ateniense. Cidadán de pleno dereito. Soldado nas guerras de Atenas
- Non cobraba por ensinar.
- Levaba a cabo o seu ensino mediante o diálogo e non o monólogo.
- Persegue o rigor racional e non a reacción afectiva. Gañarse o cerebro e non o corazón da xente.
- Buscaba as verdades universais fronte ao relativismo.
- Preocupábase máis da virtude que da política.
- Non buscaba o trunfo senón a honestidade moral.
- Reformar a colectividade a través da reforma do individuo.
- Non negaba aos Deuses senón que os quería racionais. Algo non é racional porque estea de acordo cun ditado de Deus, senón que é un ditado de Deus porque é racional.
- Consciencia da ignorancia: Non se dá de sabio ("sofista") e afirma "Só sei que non sei nada".