O paso do mito ao logos

A filosofía xorde en Mileto, colonia Xónica da Asia menor (hoxe Turquía), no século VI a. C. Esta non nace de súpeto senón que é o froito dunha evolución, dun proceso progresivo de racionalización.
Con anterioridade á filosofía existían os mitos: conxunto de narracións acerca do mundo, dos seres humanos e dos deuses. Nos mitos as forzas naturais son personificadas e divinizadas; os sucesos do universo, tanto no plano natural como no humano, dependen da vontade dos deuses, todo é arbitrario, polo que non pode haber coñecemento sistemático. A pesar disto o mito ten unha función moi importante, serve para ordenar os acontecementos naturais e sociais.
A idea da natureza rexida pola vontade dos deuses vai pouco a pouco a dar paso á idea de necesidade, se se dá unha repetición constante nos procesos naturais ten que haber algo que permaneza, o que implica que os feitos poden ser coñecidos e razoados; as explicacións baseadas en axentes imaxinarios son substituídas pola busca das causas naturais dos fenómenos.
A filosofía nace na Grecia, pero por Grecia debemos entender a Hélade, entendida esta como o asentamento de cidades Estado á beira do Mediterráneo. O nacemento da filosofía dátase no século VII antes da nosa era (a.n.e.). Alí deu en elaborarse un tipo explicacións diferente á que até ese momento servía ao ser humano para entender o mundo, a explicación mitolóxica. Este novo xeito de xustificar o mundo deu en referirse como LOGOS.
Son moitas as posíbeis causas da aparición da filosofía en Grecia:
O tema fundamental en torno ao que xira o pensamento grego é o da physis, natureza; dela chámanlle a atención o movemento, o cambio cíclico das cousas, as mutacións. Os primeiros filósofos, como bos observadores da realidade, decátanse de que no cosmos todo está suxeito a ciclos repetitivos (paso de semente a planta, as estacións do ano, as mares...); isto lévaos a pensar que fronte á aparente mobilidade das cousas ten que haber algo que permaneza constante. Ten que haber unha realidade fixa, eterna e inmutábel da cal saen todas as cousas e na que tras o cambio vólvense converter. A pregunta fundamental que se fan os primeiros filósofos é cal é o primeiro elemento, arché, eterno e transformábel, de onde todas as cousas proveñen e no que se converten tras as múltiples modificacións. O concepto de arché significa para os gregos tanto substancia primitiva como causa orixinaria.
Con anterioridade á filosofía existían os mitos: conxunto de narracións acerca do mundo, dos seres humanos e dos deuses. Nos mitos as forzas naturais son personificadas e divinizadas; os sucesos do universo, tanto no plano natural como no humano, dependen da vontade dos deuses, todo é arbitrario, polo que non pode haber coñecemento sistemático. A pesar disto o mito ten unha función moi importante, serve para ordenar os acontecementos naturais e sociais.
A idea da natureza rexida pola vontade dos deuses vai pouco a pouco a dar paso á idea de necesidade, se se dá unha repetición constante nos procesos naturais ten que haber algo que permaneza, o que implica que os feitos poden ser coñecidos e razoados; as explicacións baseadas en axentes imaxinarios son substituídas pola busca das causas naturais dos fenómenos.
A filosofía nace na Grecia, pero por Grecia debemos entender a Hélade, entendida esta como o asentamento de cidades Estado á beira do Mediterráneo. O nacemento da filosofía dátase no século VII antes da nosa era (a.n.e.). Alí deu en elaborarse un tipo explicacións diferente á que até ese momento servía ao ser humano para entender o mundo, a explicación mitolóxica. Este novo xeito de xustificar o mundo deu en referirse como LOGOS.
- MITO: Conxunto de narracións tradicionais acerca do mundo que se transmiten de xeración en xeración. (fe, obediencia a tradición e á autoridade, exclúe aos grupos alleos á súa linguaxe, é sempre completo e invariable)
- LOGOS: Argumentación para convencer a interlocutores en base ao peso dos razoamentos. É un pensamento abstracto e racional. Está inacabado, serve de medio de comunicación entre grupos humanos con diversas tradicións culturais. O significado que ten o termo no seu momento é múltiple (argumento, idea, etc...) mais imos subliñar este triplo sentido:
- Lei: Fronte a arbitrariedade. Leis de Dracón e Solón na Grecia clásica axudan a regular a convivencia en base a normas estables e obxectivas.
- Palabra: Publicidade, comunicación, compromiso. Fronte a emoción, o capricho, a ameaza inconfesábel, a influencia informal, ....
- Razón: Argumentación racional para entenderse. Dedución lóxica e necesidade e universalidade das conclusións a partires de premisas compartidas.
Son moitas as posíbeis causas da aparición da filosofía en Grecia:
- Intercambio cultural: A filosofía xorde nun pobo costeiro onde a navegación foi moi importante, o que fixo que tomasen contacto con outras culturas (exipcias, mesopotámicas...), aproveitando destas os coñecementos matemáticos, astronómicos, médicos... Por outra parte o coñecemento de diferentes formas de vida, de crenzas, etc., levounos a cuestionarse sobre as verdades nas que foran educados.
- Hélade: O mar que une o intercambio económico. A Hélade (Grecia) non se circunscribía ao territorio actual, senón que se refire aos pobos que falaban esta lingua e que se asentaron en "polis" (cidades) ao longo da costa mediterránea desde Turquía até Cataluña.
- As polis (Cidades Estado) fronte ás fortalezas minoicas e micénicas. A praza pública (ágora) será un lugar no que os cidadáns poderán intervir en pé de igualdade (relativa) para conquistar a través dos argumentos aos demais.
- Progresos na técnica navegación (naves de 170 en lugar de 50 remos) É posíbel ir máis lonxe, coñecer outras culturas distantes, saber dos seus mitos e cuestionar os propios.
- Os comerciantes: Xurdimento dunha nova clase económica comercial fronte a aristocracia nobre e belicosa. O guerreiro non acostuma razoar co adversario, o comerciante tratará de chegar a acordos de mutuo beneficio, asinará coa súa palabra compromisos e tentará convencer con razóns aos seus interlocutores por moi afastados que estean.
- Clases ociosas: Nas polis gregas os encargados de realizar os traballos físicos eran os escravos, os cidadáns liberados dos traballos físicos e coas necesidades básicas cubertas, dispuxeron de tempo libre, imprescindíbel para poderen filosofar. Hai unha grande división do traballo (escravos traballo material, ocio amos). Hai labores prácticas e labores teóricas. Unha importante porcentaxe de poboación xa se pode dedicar á vida especulativa ou contemplativa.
- Reparto de poder: As polis co ágora no centro (praza pública) supuxeron unha estrutura social que distribuíu o poder entre máis persoas de xeito que sen contar aos excluídos (mulleres, escravos, estranxeiros, etc.) os que accedían a este poder víanse obrigados a debater e razoar para convencer aos que estaban ao seu mesmo nivel para a toma de decisións.
- Conflitos sociais e leis (Nomos). Fronte ao indiscutible que era a relixión (herdada, transmitida e reproducida) ou unha determinada concepción da natureza, ábrese paso a idea de "nomos", isto é, convención, acordo e decisión dos membros dunha comunidade. Isto último é o que explica que cada sociedade teña as súas diferencias no xeito de gobernarse e de ser.
- Escaso dominio clerical: Outro factor a considerar foi a ausencia dun estamento sacerdotal con influxo na sociedade e que inhibise o desenvolvemento do pensamento. Relixión sen sacerdocio estable, libros sagrados e dogmas, eran mais importantes as prácticas que as crenzas.
- A moeda: Todo é intercambiábel por un mesmo elemento. A aparición da moeda (as primeiras moedas gregas datan do -600), o que supón un nivel de abstracción superior ao do troco.
- A natureza diversa precisa dunha orde: A experiencia filosófica xorde na relación do ser humano coa natureza e cos outros seres humanos. Trátase da reflexión sobre esa relación, pero tamén a expresión desa reflexión e a comunicación para que poida ser compartida. As viaxes, desde o deserto do Nilo até as montañas e os mares van facer que as explicacións apegadas a un determinado medio natural (animismo, mitos sobre fenómenos meterolóxicos, etc...) se relativicen. O espectáculo que ofrecía a natureza chea de fenómenos e acontecementos tan variados que a simple vista poden resultar caóticos, inexplicábeis e imprevisíbeis. Provocaban o asombro e admiración do ser humano que necesitaba por unha orde a ese mundo que contemplaba e nese sentido atopouse cos primeiros problemas filosóficos aos que tería que dar resposta para organizar a súa relación coa natureza.
O tema fundamental en torno ao que xira o pensamento grego é o da physis, natureza; dela chámanlle a atención o movemento, o cambio cíclico das cousas, as mutacións. Os primeiros filósofos, como bos observadores da realidade, decátanse de que no cosmos todo está suxeito a ciclos repetitivos (paso de semente a planta, as estacións do ano, as mares...); isto lévaos a pensar que fronte á aparente mobilidade das cousas ten que haber algo que permaneza constante. Ten que haber unha realidade fixa, eterna e inmutábel da cal saen todas as cousas e na que tras o cambio vólvense converter. A pregunta fundamental que se fan os primeiros filósofos é cal é o primeiro elemento, arché, eterno e transformábel, de onde todas as cousas proveñen e no que se converten tras as múltiples modificacións. O concepto de arché significa para os gregos tanto substancia primitiva como causa orixinaria.
Os filósofos presocráticos

- 2.1 Tales de Mileto (aprox -630 a -545)
- 2.2 Anaximandro (-610 a -545)
Ao igual que o seu predecesor Tales, Anaximandro vaise preocupar pola natureza e pola busca do arché (é o primeiro filósofo en empregar o termo). O elemento primeiro xerador de todas as cousas naturais é o ápeiron (o indefinido, o infinito), materia primordial indeterminada, eterna, substancia sen límites tanto internos como externos, primeira causa do existente e que posúe movemento propio (movemento inmanente). Dentro da masa do ápeiron, que o envolve todo, dáse unha axitación en forma de remuíños, dos cales por separación xorden os diferentes mundos ou cosmos, e dos remuíños dos cosmos saen os diferentes elementos colocados en función do peso ou gravidade (por exemplo a terra que é a máis pesada estaría no centro e ao redor dela estaría a auga por ser esta máis lixeira). Segundo Anaximandro os seres vivos saen da lama húmida formada pola terra e a auga, sometidos estes ao influxo do calor do Sol; estas afirmacións levan a considerar a este filósofo como un precursor do evolucionismo.
Anaximandro supuxo un adianto no nivel de abstracción con respecto a Tales, ao propor un arché que se atopa fora do concreto e visíbel.
- 2.3 Anaxímenes (-588 a -534)
Para Anaxímenes o principio e substrato de todo o existente é o aire, entendendo por este non o aire atmosférico senón un elemento eterno, ilimitado, móbil, que é o principio xerador do movemento ou cambio. Para este filósofo, a alma ou principio vital era unha especie de sopro ou alento, que temos mentres vivimos e que desaparece coa morte; crenza moi popular no pobo grego, e que probabelmente influíu en Anaxímenes á hora de propor o aire como primeiro elemento, vendo o importante que é este para a vida.
Do aire brotan todas as cousas por medio de dous procesos: condensación e dilatación. O aire dilátase e contráese como se fose un animal vivo, dando lugar aos infinitos mundos e seres. Tamén cría que o aire quéntase ao disgregarse e arrefríase cando se condensa.
Anaxímenes, coas nocións de condensación e dilatación, introduce o dualismo de forzas cósmicas, isto vai supor un paso adiante con respecto aos filósofos anteriores; a pesar de que a afirmación en torno ao arché representa un claro retroceso en canto ao nivel de abstracción.
Con Anaxímenes, volvemos a Tales en canto a definición dun único elemento que figura como orixe e impulsor de todas as cousas. Pero atopamos unha novidade. Este elemento non será tanxíbel e visíbel como a auga, o ar, ou "sopro" será ademais dunha realidade física tamén unha forza vital e anímica. Estamos asistindo ao nacemento da "psique" (alma) que tantas consecuencias tería no pensamento grego e posterior. A alma grega será concibida como un elemento físico que da vida ao corpo, como un alento, un ar que "anima" ao corpo.
- 2.4 Pitágoras e os pitagóricos (-582 a -507)
- 1) Antropoloxía.
- 2) Teoría do número.
Cada un dos ni enteiros ten un significado máxico-relixioso, por exemplo o 10 (tetraktys) é o número perfecto debido a que é a suma dos catro primeiros números (1+2+3+4=10). Pitágoras e os pitagóricos propoñen un dualismo de principios fronte ao monismo dos milésicos.
- 2.5 Heráclito (-535 a -484)
Para Heráclito o arché é o lume, substancia que permanece constante por debaixo do devir e principio do cambio; este elemento está en perpetua mutación. Segundo este filósofo as cousas particulares non son fixas e estábeis, senón que flúen e cambian e neste facerse e desfacerse consiste a esencia mesma das cousas, as cales son e non son ao mesmo tempo. Por iso di Heráclito: "Non é posíbel bañarse dúas veces no mesmo río". Fronte á perpetua mutación do lume hai algo que permanece constante: é o Logos ou Razón universal, lei que regula todas as mutacións, sendo polo tanto a causa última das transformacións do cosmos. Todo no universo está suxeito a ciclos de evolución (eterno retorno) rexidos pola lei cósmica do Logos. Esta evolución dáse en función dun dualismo de forzas opostas que se equilibran, dando lugar a unha harmonía dinámica (dialéctica). Dúas forzas cósmicas antagónicas rexen as xéneses e destrución das cousas: a guerra e a paz.
- 2.6 Parménides -540 a -470
Parménides vai defender como única fonte de coñecemento válida a razón, desbotando o testemuño dos sentidos, por ser fonte de erros. Os sentidos amósannos un mundo en constante devir e composto por múltiples seres; pero isto non é mais que unha ilusión ou coñecemento enganoso. O verdadeiro saber alcanzado polo coñecemento puro da razón nega a existencia de pluralidade de seres, así como tamén o movemento; neste sentido a postura do eleata é a oposta á de Heráclito. Para Parménides so existe unha única realidade: o Ser, sendo este eterno (polo tanto increado e imperecedoiro), inmutábel, estático (no mundo o movemento é so aparente) e indivisíbel. Todo está cheo de Ser e fóra del non hai nada. Con isto Parménides nega a afirmación pitagórica da existencia do baleiro.
O discípulo de Parménides, Zenón, ideou paradoxos para argumentar en contra dos que defendían a pluralidade dos seres, o movemento,... No paradoxo de Aquiles e a tartaruga Zenón propón o seguinte: se se dá unha vantaxe á tartaruga, Aquiles non logrará nunca alcánzala, xa que cando a Aquiles recorra a metade da distancia que o separa da tartaruga, esta terá recorrido un novo tramo; cando o guerreiro avance a metade que no momento o separa da tartaruga, esa terá avanzado novamente outro treito. Aquiles, o áxil guerreiro, nunca superará á tartaruga.
A partir de agora iniciase unha problemática: hai movemento e pluralidade de seres como afirmaba Heráclito ou pola contra non hai movemento e só hai un Ser ou Realidade como dicía Parménides? Esta cuestión van tratar de resolvela os pluralistas recorrendo á existencia de múltiples archés, nalgúns casos inmóbiles, víndolle o movemento de forzas externas a eles.
- 2.7 Empédocles (-492 a - 432)
Para Empédocles o arché non é un senón que é múltiple; todas as cousas proceden de catro elementos ou raíces: auga, terra, lume e aire (esta concepción vai ser adoptada por Aristóteles e mantense ata o Renacemento). Estas substancias primeiras son eternas, inmóbiles, inmutábeis e indestrutíbeis; isto supón un cambio con respecto ao pensamento anterior: ao carecer os catro elementos de movemento propio van precisar dunha forza exterior (transcendente) que os mova. Empédocles admite a existencia de dúas forzas cósmicas antagónicas como causas do movemento que son: Amor e Odio, estas actúan sobre os elementos agrupándoos ou disgregándoos alternativamente nun proceso cíclico. Dependendo destas forzas, as catro raíces mestúranse en diferentes proporcións dando lugar á pluralidade; polo tanto non hai morte nin nacemento, só mistura ou separación.
- 2.8 Anaxágoras (-500 a -428)
A realidade para Anaxágoras é plural, todo está formado por múltiples sementes (spermata), tamén chamadas homeomerías, estes elementos constitutivos de todas as cousas son eternos, divisíbeis ata o infinito e carecen de movemento propio, son materia pasiva.
O movemento das sementes venlle dun principio activo exterior a elas, o Nous (Mente), realidade inmaterial, poderosísima e dotada de coñecemento; ela é a encargada de ordenar ou organizar o funcionamento de todas as cousas. O Nous non é un ser creador, senón unha especie de forza cósmica orixinadora do movemento. As diferentes proporcións de spermata dan lugar ás diversas realidades do mundo físico.
Anaxágoras, ao igual que Empédocles, cre na existencia de variosarchés, sendo estes inmóbiles, precisando polo tanto da existencia dun principio transcendente de movemento; a diferencia está en que para Empédocles os elementos son catro e para Anaxágoras son infinitos en número.
- 2.9 Demócrito (-460 a -360)
Para Demócrito o arché ten que ser eterno e increado, pero non nega a posibilidade do movemento e a multiplicidade; por iso vai rexeitar a afirmación parmenídea da non existencia do baleiro (non-ser), para que haxa movemento ten que existir o espazo baleiro. Todo está formado por múltiples partículas cheas e indivisíbeis chamadas átomos, os cales son eternos e inalterábeis, diferéncianse uns de outros polas determinacións espaciais: tamaño, a posición que ocupan e a figura. O baleiro separa os átomos e permite o movemento, no cosmos so hai átomos e baleiro.
Os átomos teñen movemento propio, chocan entre si no espazo baleiro ao azar, uníndose ou separándose, o que dá lugar ás diferentes cousas. A explicación de Demócrito é mecanicista, os átomos móvense ao azar sen ningún tipo de finalidade.