Certo que a relixión debera estar fóra da escola. Mais se nos deixamos enredar polas oportunistamente rescatadas liortas anticlericais de quen cando tiña responsabilidades non denunciou o Concordato, fixo estender a Relixión até 2º de Bacharelato e impediu que se impartira fóra do horario lectivo a pesar de adecuarse esta proposta do CIG-Ensino ao marco legal vixente, quizais nos desvíe a mirada do chamado currículo oculto que por primeira vez se presenta de xeito público e visíbel. Ou é que o apartado “A filosofía e a empresa como proxecto racional” non é suficientemente explícito?.
Nos momentos de crise é moi doado promover a cultura da teoría da conspiración para que a xente trate de buscar conexións ocultas que expliquen uns feitos tan irracionais como os que padece. E así cada quen constrúe no seu imaxinario os seus diferentes monstros a medida. Mais se algo ten de bo este PP sen complexos é o striptease co que se presenta en sociedade, amosando claramente as intencións dunhas actuacións que en moitos casos concordan coas que viña levando a cabo na sombra a esquerda española. Pode que as veces se lle vai a man, como naquel preámbulo inicial da LOMCE que escandalizou ao seu propio electorado ao presentar o sistema educativo coma un casting de selección de persoal para unha multinacional.
Pode resultar rechamante o desprezo nos contidos de todo o que ten a ver coa educación sexual por quen di ter moita preocupación polo aborto. Que mellor xeito de rematar co aborto que a axeitada prevención dos embarazos non desexados a través dunha educación sexual axeitada. Mais do que se trata é de retirarlle ás mulleres a soberanía sobre o seu corpo, estendendo unha ideoloxía que aos nacionalistas nos resulta moi familiar a outros efectos.
A identidade persoal é disociada do corpo do mesmo xeito que a identidade social é desacoplada das condicións de clase e nacionais nas que un se atopa. Así, toda a retórica desmaterializada a prol do diálogo como xeito de resolver os confrontos non asume a necesaria corrección das desigualdades que permitiría estar ao mesmo nivel nunha conversa produtiva e resolutiva. Os mortos de fame non se sentan ao banquete platónico para impedir que o ruído das súas queixas egoístas impidan elevarnos até as ideas transcendentes. Mais non quer dicir isto que o currículo se esqueza deles, poderíamos poñer na súa boca aquilo de como poder gañar o ceo sen os pobres cos que facer obras caritativas. Así toda a moralina que se presenta ten a súa razón de ser neles mentres evitemos a pregunta de Galeano: “¿Será que los pobres son pobres porque su hambre nos da de comer y su desnudez nos viste?”.
Mais o PP xa empeza a chamarlle as cousas polo seu nome. Lembremos que o primeiro que fixeron ao chegar ao goberno foi mudar o currículo de Educación para a Cidadanía. O PSOE dáballe á terminoloxía de esquerdas un significado de dereita, mais abría a porta á vocábulos como “emprendedores” tan abafante agora nos presentes textos. Mais o PP xa naquela primeira medida lexislativa comezou a depurar a linguaxe. E así onde refería a axuda a “persoas e colectivos en situación desfavorecida” o PP simplemente eliminou “colectivos”, borrou onde falaba da participación nas “actividades sociais que contribúan a posibilitar unha sociedade xusta e solidaria”, ou o “rexeitamento das discriminacións provocadas polas desigualdades persoais, económicas e sociais” que substituíu polo aplauso á “Diversidade social e cultural. Convivencia de culturas distintas nunha sociedade plural dentro do marco constitucional”. Un marco xa beatificado coa bendición da esquerda e que como sabemos non respecta iguais dereitos as diferentes culturas que compoñen o Estado Español. Así esta Constitución discriminatoria e cega á pluralidade nacional e lingüística do Estado será impartida como o catecismo. Como falar entón da cacarexada interculturalidade se nos negamos a establecer accións afirmativas a respecto de linguas e culturas minorizadas?. Ou só os inmigrantes teñen outra cultura e lingua distinta?.
Claro que falan moito dos Dereitos Humanos no currículo, como tamén falaban os da Asemblea Francesa que proclamaron os Dereitos do Home cando excluían as mulleres ou os da Declaración de Independencia Americana que falaba de que “todos nacemos libres” mentres un de cada catro dos seus habitantes era escravo. Mais hoxe iso non se sostén. O tratamento dos Dereitos humanos evolucionou e tanto o PSOE como o PP nas súas lexislacións educativas insisten en manipular os logros desta evolución. Así, nos Dereitos Humanos de Terceira Xeración, eluden o consagrado mundialmente Dereito de Autodeterminación e inventan eufemismos como “los derechos de los pueblos a la solidaridad, el desarrollo y la paz”, para evitar con esta brinde ao sol recoñecer o fundamental dereito das nacións a gobernarse por si propias. Mais que se pode agardar de quen non se ruborizan diante das denuncias da ONU por manter na súa lexislación que os crimes do Franquismo foron legais e non atentan contra os devanditos dereitos humanos?. De que dereitos humanos nos falan entón?.
A resposta a está e demais preguntas está en Daniel Goleman. Este psicólogo asesor das grandes corporacións internacionais en procesos de selección de novos executivos e organización empresarial ten desenvolto todo un corpus teórico co fin de obter máis beneficios destas multinacionais grazas ao control dos sentimentos dos empregados. El será o evanxelista que terá que memorizar o alumnado como si da biblia se tratara.
Así é usada a teoría da educación emocional como un xeito de tratar de culpar a cada quen individualmente pola súa situación e polos sentimentos que posúe (falla de autoestima, desmotivación, etc...) excluíndo as causas sociais que os provocan. E esta non é presentada xa como unha teoría máis, é imposta como o indiscutíbel espazo “neutral” do que nos fala Zizek.
E que lle queda as Comunidades Autónomas se mesmo se fixa de quen hai que comentar os textos en cada un dos apartados?. Nunca un nivel de concreción dos currículos do MEC chegou a tanto.
En definitiva, o currículo de filosofía reflicte a ideoloxía da clase dominante, coa novidade de que desta volta xa non o disimula.

Xoán Carlos Garrido