Farruco Sesto Novás naceu en Vigo en 1943. Hai que facer referencia a algunhas cousas desta circunstancia, algunhas cousas que non se divulgan habitualmente a respecto das súas raíces, das súas implicacións profundas, do que el podería chamar –co poeta arxentino González Carballo a patria dos seus avós- “a patria anterior”. A patria del é Venezuela, a de González Carballo é Arxentina, pero está esa outra patria anterior, que polas noites vén ás veces a pedirche contas, a dicirche se o estás facendo ben ou a recriminarche algunha cousa. As súas raíces son ben profundas, e están nesta cidade, na cidade de Pontevedra. Non podemos esquecer nunca de quen é fillo, de Xosé Sesto, un artista, un poeta, un debuxante, un intelectual, un cristián de ideas avanzadas e liberadoras. Un home que está na historia, que foi o home que acompañou a Alexandre Bóveda na capela previa ao seu fusilamento a noite do 16 ao 17 de agosto de 1936, a un tiro de pedra de onde nos atopamos nós agora, na antiga Normal, na actual Delegación de Educación. Eu, sempre que paso diante dese edificio, imaxino a Alexandre Bóveda, esperando pola morte e reconfortado polo seu amigo Xosé Sesto López. Farruco era neto de Don Juan Novás, e non se pode ser impunemente neto dun dos fundadores da “Sociedad Arqueológica de Pontevedra” e dun dos artífices dese paso cualitativo histórico que é a transición da “Arqueológica” ao Museo de Pontevedra.
Farruco naceu cando os seus pais se transladaron a Vigo, nesa cidade. E viviu nunha casa chea de memoranzas, de nostalxias, de recordos punxentes, políticos e humanos. De cadros –unha pinacoteca galega moi completa-, de libros –toda a literatura galega de onte e de hoxe- e tamén de palabras, de palabras activas. En Coruxo, onde se concitaban os galeguistas dos anos 50, Farruco, sendo neno sen dúbida escoitou esas conversas dos que eran máis vellos, dos que eran da xeración do seu pai, e sospeito que nese momento coñeceu a Celso Emilio Ferreiro.
A familia de Farruco, coido que no 62, transladouse e afincou en Venezuela. Nunca esqueceu este “humus nutricio”, este arraizamento, este ancoramento nun pasado republicano, galeguista, activo, patriótico en suma. Probablemente, a persoa intelectual e a persoa humana, o cidadán que é Farruco Sesto Novás ten moito destas raíces. Estudou Arquitectura en Venezuela, foi Catedrático da magnífica Universidade Central, cunha historia de combate contra o fascismo. E, moi probablemente, coñeceu naquelas épocas algunhas figuras moi importantes do exilio, coido que ao Comandante Sotomayor e a Xosé Velo, ambos fundadores do DRIL, de quen moitos dos presentes saben que fixo unha acción chamada “asalto ao Santa María”, pero seguramente moi poucos coñecen o feito de que o DRIL é responsable das primeiras pintadas que se fixeron contra Franco na Universidade de Santiago de Compostela despois da Guerra Civil. No ano 1976 aparece Celso Emilio Ferreiro en Caracas, e aglutina ou déixase aglutinar por todo este círculo identitario, galeguista, amistoso e fraternal por enriba de todas as cousas. Xa marchara Xosé Velo, xa marchara o Comandante Sotomayor. Pero os Sesto e outros amigos conseguiron reunir persoas suficientes como para crear o Movemento “Nós”, para traballar nunha plancha política que fose ás eleccións na Irmandade Galega –que competise na Irmandade Galega, resultou derrotada-, e para crear o Padroado da Cultura Galega de Caracas –que era unha estratexia internacional que se prantexara no Consello de Galiza, no Goberno Galego no Exilio, de crear Padroados da Cultura Galega en México, en Montevideo e noutros lugares. Farruco, moi novo, intégrase en todos eses movementos, escoita probablemente máis que fala, escribe tamén. E participa na creación da Nova Canción Galega, non na de Voces Ceives –que había aquí-, senón nunha versión da mesma en Caracas, da que era músico Xulio Formoso. Unha das máis fermosas desas cancións, que despois divulgou Pilocha aquí, no interior, é unha verdadeira confesión política de Farruco:
“Negro nacín no fosco Sul./ Son un tribeño no Viet Nam./
Estudo leis en París./ Chámome cholo peruán./ Galego son da beiramar./
Poñerei fogo a Jacksonville./ Os invasores morrerán./ As barricadas
son o meu./ Na serra cántame a mañá./ En Santiago hei de cantar.”
É un home comprometido, fundador de Causa R en Venezuela e, despois, fundador e ideólogo dun partido, o partido de esquerda revolucionaria que ten o nome máis fermoso do mundo –nome que el lle puxo-: Patria para Todos. A pouco que pensemos o que significa podemos ver cal é todo o seu programa de “apropiación” –da Patria, para Todos-.
Farruco sigue publicando. É Ministro de Cultura no chavismo. É arquitecto, ten obras magníficas como o Instituto de Cultura de Maracaibo, o Teatro de Danzas de Venezuela, construcións como a Praza do Bicentenario. Escrebe en castelán poemas, como La más nueva canción de Venezuela, onde crea vintecinco heterónimos e invéntalle unha poética a cada un deles. É tamén gran poeta en galego, e difundiu unha serie de libros autoeditados a partir do ano 1967 que se foron distribuíndo por correo aquí, o primeiro titúlase Da estrela e da fouce. Naquel momento en Galicia había moi poucas persoas que soubesen que Castelao deseñara un novo escudo para Galicia durante a Guerra Civil, que era unha fouce de ouro e unha estrela vermella. Libro seguido de outro, de título non menos provocativo, UPG Poemas (1973). E outros como Por unha muller, Porta aberta, Poema de amor a Rosalía –que é unha obra mestra. É dicir, que Farruco Sesto ten a Patria anterior tan presente que ten unha longa produción poética en galego, que recentemente a editorial Espiral Maior vén de editar con toda a súa obra galega baixo o título Pequenos encontros e as marcas deixadas. Se alguén quere saber máis do seu pensamento, que lea o libro –editado en galego recentemente pola CIG- Por que son chavista? Hai unha punxencia subxectiva, xa que el non é dos marxistas que renegan da subxectividade, da paixón, do pathos da sentimentalidade, nin moito menos do concepto de Patria. Eu, cando escoito falar a Chávez, acórdome da primitiva UPG, da paixón patriótica inicial que nos moveu a todos a fundar este partido, e dame a impresión de que o chavismo é unha cousa moi parecida; a diferenza é que eles triunfaron e van permanecer no triunfo, e nós aínda non. Pero, como dícía Castelao, “nós cremos que as augas doces do río poden facer doces as augas salgadas do mar”, que “a morte enchéndose de vidas será vida”, que “a nada enchéndose de ilusións será todo” e “as nosas esperanzas non caben no lindeiro da razón”, dicía Castelao. E dicía Mao Tse Tung, en 1938, “acaso os comunistas que son internacionalistas poderán ser ao mesmo tempo patriotas? Nós pensamos que non soamente poden selo, senón que tamén deben selo. As condicións históricas son as que determinarán o sentido concreto do patriotismo”. Todo patriotismo ten un sentido concreto, por iso hai uns patriotismos nas noticias de hoxe fascistas en Ucrania, e outros liberadores en Venezuela. Farruco é dos liberadores.”

Xosé Luís Méndez Ferrín