Se a filosofía pode considerarse como unha reflexión na que se expresan determinadas formas da autoconciencia da especie –como subliñou o idealismo alemán- o feito de que a metade numérica da especie atópase nunha situación de enaxenación e marxinación en relación ao que chama Agnes Heller a xenericidade, necesariamente terá consecuencias gnoseolóxicas distorsionantes nun discurso como o filosófico, que se define precisamente polas súas pretensións de totalización e de universalidade.
Cèlia Amorós
Cèlia Amorós

A penetración dende os anos setenta do concepto de xénero nos campos da Socioloxía, a Historia, a Arte, a Filosofía, etc. forneceu de chaves conceptuais inéditas aos máis diversos dilemas, interrogantes ou explicacións no terreo das ciencias humanas. Practicar o enfoque crítico de xénero ou hermenéutica feminista significa moito máis que inserir o estudo sobre pensadoras ou integrar a descrición de actividades desenvolvidas por mulleres, comporta a vontade ética e política de analizar como se foi construindo a identidade de homes e mulleres ao longo da nosa historia, para entender a súa relación coas (mal)formacións conceptuais dun discurso hexemónico cimentado na inferiorización e exclusión da metade da especie humana. Como se traducíu esta revolución do coñecemento na actividade da Aula Castelao?
Dende o ámbito da reflexión filosófica, a Aula Castelao de Filosofía procurou ser un espazo de encontro e debate sobre a relación dialéctica entre ámbolos sexos e as aportacións e propostas que se veñen realizando neste eido nas últimas décadas. Contribuiu a iniciar unha liña filosófica emancipatoria rastrexando no pasado a voz e discursos de suxeitos olvidados e/ou silenciados, sendo quen de desenmascarar o nesgo androcéntrico existente na nosa cultura, e reflexionando fondamente sobre as súas implicacións nos saberes académicos. Así o demostran numerosos relatorios que contribuiron a enriquecer as xornadas durante estes trinta anos: A problemática da Muller en Galicia dirixido por Mª Xose Agra, Nieves Herrero e Carmen Blanco, xunto ás poñentes Celia Amorós, Lourdes Méndes e Carmen Larrañaga; Patriarcado e sistema sexo-xénero: reflexións teóricas e metodolóxicas por Mª Xose Agra; Movementos de mulleres en latinoamérica por Marta Fuentes; Culturas de traballo e dinámicas de segregación nos locais de traballo por Virginia Ferreira; Deporte e cultura: xénero e novos e non tan novos espacios sociais por Nuria Puig; Feminismo filosófico ou filosofía feminista? por Celia Amorós; O compromiso na escrita por María Xosé Queizán; Sobre a violencia. Cavilacións arredor da liberdade feminina por Fina Birulés; Escritoras diferentes unha literatura/nación diferente por Helena González; Estratexias curatorias: Artes e feminismos por Xabier Araquistain “Arakis”; A igualdade: un novo topos? por Carme Adán; Xénero e mercado de traballo por Coral del Río; A modernización do agro. Dereitos das labregas e despoboamento rural por Lidia Senra; Viver na sombra da verdade: traballadoras do sexo na Suécia por Pye Jakobsson; Tecnoloxía e Sociedade da Información: Realidades e utopías por Monserrat Boix; ou A escrita autobiográfica na construción da identidade feminina. Memorias de guerra e posguerra por Aurora Marco este mesmo ano... xunto á Semana monográfica Filosofía e Xénero (SGF XII, 1995) coa participación de moitos dos nomes xa citados.
Vencelladas a este propósito de acoller a heteroxeneidade dos discursos, a Aula Castelao organizou tamén algunhas actividades relacionadas coa temática de xénero alleas ao desenvolvemento das Semanas: a Xornada Simone de Beauvoir. O segundo sexo, 50 anos despois (1999) co motivo do 50 aniversario desta obra fundacional do Feminismo que aborda a identidade das mulleres e a diferenza sexual dende a perspectiva da psicoloxía, a historia, a antropoloxía, a bioloxía, a reprodución e as relacións afectivo-sexuais; a Mesa Redonda adicada ás mulleres exiliadas, coa participación de Arantxa Estévez, Soedade Noia, Charo Portela e Carme Vidal, dentro do Congreso-Homenaxe O exilio galego. 1936-1975, celebrado no ano 2001; ou as Xornadas Xéneros na Arte, das que formaron parte as conferencias A muller real versus a muller ideal a finais do século XIX, Mulleres artistas: outra mirada na historia da arte e intervencións feministas na(s) historia(s) da arte, que tiveron lugar os días 9, 10 e 11 de decembro de 2009, dentro da Programación de Outono da Vicerreitoría de Pontevedra da Universidade de Vigo.
Asemade, a formación dunha conciencia de xénero esixe loitar contra tópicos arraigados que levan a excluir do panorama intelectual e académico a pensadoras de mérito, ao que a Aula Castelao resposta reclamando a homenaxe e presenza das mulleres en calquera das múltiples temáticas tratadas nas Semanas Galegas de Filosofía: Función informativa e formativa da filosofía no Bacharelato. Revisión crítica e perspectivas, coa intervención de María Arroyo Merino (SGF III, 1986); Pilar Allegue Aguete: Frai Martiño Sarmiento: un ilustrado galego (SGF V, 1988); Esther Filgueira López: O exercicio do poder en Galicia no campo da comunicación-prensa (SGF VI, 1989); Marta Harnecker: Latinoamérica: Evolución e Revolución. A vangarda e a crise actual (SGF VIII, 1991); Reyes Mate: O pensamento xudeu ¿unha filosofía alternativa? (SGF X, 1993); Margarita Ledo: Apocalipse mediática. Razón empresarial versus cultura xornalística (SGF XI, 1994); María del Mar Bonet: Lección de clausura (SGF XII, Filosofía e Xénero, 1995); Veronique Kleck: Modelos de traballo e novas tecnoloxías da información e da comunicación, René Passet: Exclusión social ou substitución do home pola máquina e Valèrie Peugeot: Pistas políticas para una nova relación co traballo na sociedade europea (SGF XIV, 1997); Dolores Juliano: Modelos de nacionalidade e modelos de identidade. A crise do fin do milenio, María Xose Queizán: Tomar as rendas, Eva Forest: a resistencia das culturas minorizadas (SGF XVI, 1999); Victoria Camps: Século XXI: malos tempos para a educación (SGF XVII, 2000); Uxía Senlle e María del Mar Bonet: Imaxinación, palabra e acción: concerto (SGF XX, 2003); Amelia Valcárcel: Cidadanía global e dereito á diferencia (SGF XXI, 2004); Alicia H. Puleo: Os dualismos opresivos e a educación medioambiental, Lucila Izquierdo: o conflicto enerxía vs sustentábel (SGF XXII, 2005); Mª Jesús Hernández Martín: Violencia doméstica e xurisdición penal, e Marta Mata: Lección de clausura: Educación é convivencia (SGF XXIII, Filosofía e Violencias, 2006); Rosa Mª Rodríguez Magda: Transmodernidade: un novo paradigma (SGF XXIV, 2007); Xulia Guntín: Ciencia e tecnoloxía en Galiza: presente e futuro (SGF XXV, 2008); Julia Varela: Educación ilustrada: identidade social e novas formas de subxectivación, Martina Subirats: A educación hoxe: entre o corporativismo e o cambio cultural, Goretti Sanmartín: Galiza: perspectivas educativas-A lingua, María J. Cortiñas e Eva López: Mesa redonda sobre a Educación en condicións difíciles, Paula Casal: O labor educativo do Proxecto “Gran Simio”, Montserrat Galcerán: A crise da educación na Universidade: Bolonia, e Marta Harnecker: Lección de Clausura (SGF XXVI, Filosofía e Educación, 2009); Paz Moreno Feliu: Economía e política: as historias ficticias do liberalismo (SGF XXVII, 2010); Isabelle Garo: Ideoloxía e Democracia: loitas de ideas e loitas de clases, Eulalia Pérez Sedeño: Biopolítica e tecnoloxía, Teresa Oñate Zubia: Liberdade baleira, Antía Pérez Caramés: O traballo da poboación migrante en Galicia: unha nova servidume?, Monserrat Boix: Tecnoloxía e Sociedade da Información: Realidades e utopías, e Ángeles Maestro Martín: A crise xeral do sistema e a fenda dos espellos do poder (SGF XVIII, 2011); Ana Miranda: Galiza nas institucións europeas (SGF XXIX, 2012); Miren Etxezarreta: A estratexia do esquecemento no capitalismo, Manuela Carmena Castrillo: Os meandros da memoria no decorrer da xustiza, e Paula Godinho: Usos e prácticas da Memória e do Património (SGF XXX, 2013).
Ambas tarefas, a constitución dun corpus filosófico non sexista e o recoñecemento das aportacións realizadas por mulleres a calquera dos campos disciplinares presentes ao longo destes trinta anos na actividade da Aula Castelao de Filosofía, constitúen dúas formas paralelas e complementarias de confeccionar múltiples lentes para percibir unha realidade máis rica e complexa, sen desigualdade.

Diana Vilas
Óscar Rodríguez