A relación problemática da nosa sociedade co medio ambiente, constitúe un dos eixos básicos que a Aula Castelao de Filosofía mantén, a través de toda a súa traxectoria, como foco de atención e de reflexión. Así, a industrialización e os seus desaxustes ambientais non pasaron desapercibidos á ollada esculcadora da Semana Galega de Filosofía, nas súas distintas edicións.
Tanto os relatores e relatoras que ao longo destes trinta anos teñen pasado polos congresos na cidade de Pontevedra, así como os temas tratados nos mesmos, corroboran esta afirmación. O ecoloxismo dos pobres da man de Joan Martínez Alier, o manifesto ecosocialista de Michel Löwy, o maltrato que dispensamos aos outros animais con Paula Casal, a pegada ecolóxica como indicador sintético da sustentabilidade no caso galego segundo as investigacións de Federico Martín Palmero, Francisco Fernández Buey como continuador da obra do profesor Sacristán, Jorge Riechmann e a súa aposta por reorientar a interacción da sociedade e a natureza, o estudo do modelo socioecolóxico europeo por Joaquín Valdievielso, a análise do concepto de necesidade que fai Joaquim Sempere… Amais da celebración de dúas “Semanas” baixo os epígrafes de Filosofía e ecoloxía e Filosofía e sustentabilidade , colman de contido ecolóxico as nosas preocupacións e inquedanzas.
Asemade, a función crítica da Aula Castelao, tamén dá cabida á posibilidade de pór de manifesto os problemas ecolóxicos concretos e locais: a denuncia da presenza usurpadora e deteriorante do territorio de ENCE, ora coa contaminación da ría de Pontevedra, ora co inzamento do monocultivo do eucalipto por toda a faixa costeira galega, é un bo exemplo disto.
A encrucillada da crise social e global do medio ambiente, constitúe unha oportunidade para elixir un novo camiño que deixe atrás a actitude asoballante e antropocéntrica cara a este, o noso contorno natural, unha oportunidade que nos achegue á sociedade sustentábel. Na vindeira primavera, de seguro que teremos unha nova oportunidade para volver pensar sobre o mesmo.

Alexandre Cendón
Aula Castelao de Filosofía