Para entender a forma que tiveron os fundadores da Aula Castelao de enfentarse á praxe educativa hai que partir do seguinte presuposto que vertebra toda a súa concepción da educación e as consecuencias derivadas da mesma. A saber: que toda educación é unha imposición froito dunhas relacións sociais, e que polo tanto á hora de enfentarse á tarefa educativa a cuestión estriba na transmisión duns valores ou outros, non na entelequia dunha educación neutra. Partindo desta premisa inicial asumiron o seu compromiso coa educación centrándoo en tres eixos fundamentais:
1º Innovación: Fronte a unha educación domesticadora que parte da visión de que os alumnos son algo baleiro a modelar, que se centra nos medios, técnicas e ferramentas, na obediencia á tradición e á ciencia e que acaba producindo individuos sumisos e con medo ó exercicio da propia liberdade, tentaron, partindo de visións como a de Paulo Freire ou Paul Nizan, levar a cabo unha pedagoxía dos fins que servise ó alumno para unha toma de conciencia individual e social e que lle porprocionase mecanismos de afirmación da propia liberdade e de trazado de novas formas de ser e construír.
2º Galeguización: Fronte a unha filosofía homoxenizadora, idealista e universalista, apostaron por unha filosofía contextual, materialista e enraizada na realidade socio-económica de Galicia.
3º Participación: Fronte a unha visión da educación caracterizada por pecharse na cátedra, o currículo e a academia, optaron por unha praxe educativa do diálogo e a apertura da escola ó mundo.
Baixo estes presupostos de actuación tentaron levar a cabo con mellor ou peor fortuna o seu compromiso coa educación os últimos 30 anos.

Ana Ruth Regueira