O marxismo, produto do pensamento de Carlos Marx e Federico Engels, non é propiamente un saber substancial, unha doutrina, aínda que como tal se institucionalizou en diferentes escolas e mesmo como ideario de certos Estados que o adoptaron como dogma de fe. O marxismo xenuíno é un pensamento negativo, non propón unha defensa dunha determinada idea a priori que, a xeito platónico, sirva de guía para aplicarse na realidade, senón, pola contra, non é máis que unha crítica de dita realidade tal e como se presenta, non é contemplación, é actividade, é resposta e como tal resposta non é inmutábel na medida en que as preguntas, isto é, o mundo, tampouco o é. As conclusións ás que chegaron Marx e Engels produto da resposta a diversos adversarios ou á propia realidade, non son o marxismo na medida en que o fundamental do marxismo non é o resultado da súa crítica nun momento e nun lugar determinado senón o feito de criticar o existente en calquera espazo e tempo; o propio título das súas obras así o reflicte: Teses sobre Feuerbach, Contra Shelling, Crítica da Filosofía do dereito de Hegel, Crítica do idealismo dos xoves hegelianos, Crítica do programa de Gotha, Crítica da "crítica, crítica", Anti-Dühring, Miseria da Filosofía (contestación á Filosofía dá miseria de Proudhon),etc..
En definitiva no marxismo a ortodoxia refírese exclusivamente á análise crítica e activa da realidade ("crítica de todo o existente") e non ás solucións propostas nun determinado momento. Para o marxismo a natureza é movemento e a sociedade historia e, por tanto, a teoría debe ser praxe, a ciencia debe seguir o camiñar do mundo, e o único estábel e permanente no marxismo será esa actitude constante de mobilizar o pensamento á caza da realidade, isto é, o seu método dialéctico.

1 Contexto histórico, económico e ideolóxico
Esa realidade á que pretendía atrapar o pensamento marxista ten á altura da época na que viviron os seus fundadores unha serie de características económicas, intelectuais e políticas que explican moitas das claves que o conforman.
A figura fundacional desta corrente é o que lle dá nome, Karl Marx (1818-1883). Quen naceu na cidade alemá de Tréveris. Os seus pais eran xudeus e convertéranse ao luteranismo cando el tiña seis anos, mais xa na adolescencia, Marx era un anti-relixioso militante. Xa naquela altura a súa máxima era: "a crítica da relixión é a base de toda crítica". Marx primeiro estudou Dereito, e despois Filosofía e Historia, facendo a súa Tese sobre o pensamento dos antigos gregos. Coa súa carreira académica pechada pola súa hostilidade co poder e a relixión, faise director dun Xornal que pronto é prohibido. É entón cando Marx vai para París, no 1843, cando coñece Engels co que iniciará unha produtiva colaboración intelectual e práctica. Cando foi expulsado de Francia, e posteriormente de Bruxelas, despois de deambular por outros lares, foi dar finalmente en Londres, no 1849, onde pasou o resto da súa vida.
Friedrich Engels, naceu en Prusia no 1820 e morreu en Londres no 1895, como autor individual ten unha contribución persoal a maiores da colaboración con Marx na confrontación coas ideas económicas e sociais do seu tempo, referímonos á súa preocupación pola concordancia do marxismo coas ciencias naturais do momento.
1.1 Revolución Industrial
Por "Revolución Industrial" enténdese unha serie de fenómenos relacionados coa industrialización e comercialización aceleradas que tiveron o seu inicio na Gran Bretaña durante a segunda metade do século XVIII e que alcanzaron durante os séculos XIX e XX á maior parte dos países de Europa e América, os cales, con diferente dinámica de industrialización, tiveron como consecuencia unha radical transformación do Antigo Réxime. Neste proceso interviñeron a técnica (maquinismo), os descubrimentos científicos, unha achega considerábel de capital e profundos cambios sociais marcados especialmente pola aparición do proletariado. Por exemplo a aparición da máquina de vapor (1705), a lanzadeira mecánica (1733), ou a fiadora de algodón (1741) e a súa continua mellora levaron a un aumento da produción, diminución e especialización da man de obra, a aparición de novos sistemas de transporte, a emigración do campo á cidade, etc.
1.2 Revolucións políticas do 1820, 30, 48
Parello con este desenvolvemento social e económico, teñen lugar cambios políticos e culturais igualmente axitados. Non é casual que a época da transición do feudalismo ao capitalismo como sistema dominante a escala mundial coincida con procesos políticos tan revolucionarios como son a independencia dos Estados Unidos, a Revolución francesa, as guerras napoleónicas, a crise do Imperio español e a independencia das repúblicas latinoamericanas..
Europa verase convulsionada durante o século XIX por unha constante crise institucional e política. En 1820 prodúcese a Revolución de Riego en España, en 1830 as revolucións de Xullo en Francia, a de Bruxelas e a de Varsovia. En 1848 danse procesos revolucionarios en diversos países europeos (Francia, Alemaña, Austria, Italia). A lóxica xeral dos cambios sociais tenden a substituír as leis feudais polo estado e as leis liberais. A vangarda liberal, democrática e pequeno burguesa, a nova clase media, e sobre todo o proletariado, en canto grupos sociais que pasan a substituír o peso que tiñan as vellas clases sociais do feudalismo, loitarán pola construción do actual Estado moderno.
1.3 O socialismo utópico
Os partidos democráticos estarán animados por ideais de reformas sociais que en moitos casos foron suscitados por alternativas teóricas socialistas, que para o marxismo serán calificadas de utópicas na medida en que non están fundadas nas condicións materiais reais senón en receitas morais, pero que en calquera caso teñen o valor de anticipar horizontes que poden deixar de ser utópicos co desenvolvemento das forzas produtivas e, nese sentido, son aceptados como precursores do propio socialismo científico que defende o marxismo. Algúns dos socialistas utópicos mais coñecidos son Saint-Simon (Fraternidade fronte ánimo de lucro. O goberno debe ser encomendado aos científicos. Ditadura dos máis capacitados), Fourier (defensa do artesanado, troco produtor-consumidor. Falansterios: cidades fraternais), Robert Owen (realizador da utopía socialista na súa Colonia da Harmonía).
Para Marx, o positivo destes socialistas utópicos (Babeuf, Saint-Simon, Fourier, Owen) e das diversas correntes utopistas (como Proudhon) é que viron as contradicións do capitalismo. Pierre-Joseph Proudhon escribíría A Filosofía da Miseria que sería contestada directamente por Marx en A miseria da filosofía.
Pero critica as súas pretensións de reformar a sociedade apelando á boa vontade, aos bos sentimentos, ou á moral. A realidade non pode ser cambiada con bos desexos. Por outra banda, Marx non ve no triunfo do sistema capitalista algo malo en si, o capitalismo é unha consecuencia necesaria do desenvolvemento histórico. Fronte ás propostas reformistas dos utopistas e a súa condena moralizante do capitalismo (non saben atopar un camiño de saída e acaban identificándose co conservadurismo), Marx defende unha análise científica do sistema capitalista, que lle leva a descubrir o proceso que ha de levar de modo necesario á súa superación.
1.4 A economía clásica inglesa
Unha das fontes das que bebeu Marx e o Marxismo aínda que fose para criticala, foi a economía política inglesa cuxos representantes máis destacados son Adam Smith e David Ricardo. Dela asume que o elemento decisivo na creación do valor dunha mercancía é o traballo.
Adam Smith, no seu libro A riqueza das nacións (1776) sostén que a "riqueza das nacións" está fundamentada no caso de que hai unha orde natural, obra da Providencia divina, polo que se garante que os intereses individuais coinciden co interese da sociedade. Trátase de deixar ao individuo en total liberdade para conseguir os seus intereses, xa que estes van sustentar e conseguir o benestar da colectividade, o desenvolvemento e prosperidade da sociedade. O Estado non debe intervir na economía (laissez-faire), que debe rexerse polo libre xogo da oferta e a demanda.
David Ricardo, en Principios de economía política e de impostos (1817), sostén a Lei de bronce dos salarios segundo a cal os salarios dos traballadores haberían que limitalos a garantir a súa subsistencia, pois o seu aumento nunca chegaría a ter efectos reais sobre o nivel de vida. A razón diso é que a elevación dos salarios fai aumentar a demanda, o que provoca inmediatamente o encarecemento dos produtos, co cal o poder adquisitivo real do proletariado non se incrementa.
David Ricardo foi lido con grande interese por Marx para coñecer as bases da economía burguesa. Marx considera que o valor dunha mercadoría é determinado polo tempo de traballo socialmente necesario gastado para producir a mercadoría, coincidindo con Smith e Ricardo, pero diferenciase deles en revelar o carácter explotador nas relacións entre traballo asalariado e capital. Para Ricardo o traballo é unha mercadoría como calquera outra, para Marx ten unha particularidade, coa súa compra o capitalista enriquécese, mais non o obreiro.
Con todo, a economía clásica expón as leis polas que se rexe a economía capitalista coma se fosen leis naturais, eternas, sen ter en conta que o sistema capitalista é un produto da historia (en termos marxistas: os economistas clásicos pretendendo facer ciencia non fan senón ideoloxía). Marx vai máis aló da economía clásica e intenta explicar a orixe da propiedade (base do sistema capitalista), orixe que se acha na alienación do traballo humano.
1.5 O movemento obreiro organizase: Trade Unions
A orixe do sindicalismo obreiro podemos atopala na década de 1820 a 1830 na que se consolida unha central sindical unificada que empregaba a folga. A aparición de asociacións obreiras de axuda mutua (Trade Unions) estendeuse a Europa continental na década seguinte.
No 1864 fundase en Londres a Asociación Internacional de Traballadores (AIT), os seus estatutos foron elaborados por Marx e aprobados polo seu congreso de Xenebra (1866), e os seus principios eran a organización da clase obreira e a loita pola organización económica, a abolición da sociedade clasista, a solidariedade obreira internacional así como o recoñecemento do movemento sindical e da folga como instrumento de loita.

2 Esquerda Hegeliana (Feuerbach, Strauss, Bauer E Marx)
O contexto da filosofía clásica alemá estaba marcado por dúas grandes figuras: Kant e Hegel. O primeiro integrou a problemática teórica do racionalismo e do empirismo, a ilustración europea e a ciencia newtoniana. O segundo pretendeu superar as antinomías ás que che-gaba a nivel teórico o pensamento Kantiano, tentando introducir un método que conciliase as contradicións nun todo ideal. Ambos os dous quedábanse nun plano abstracto e xeral que non daba conta do mundo real concreto (Se a realidade non coincide co concepto, peor para a realidade, diría Hegel).
Mais unha mental idade positiva e pragmática ábrese camiño tras da senda de Hegel, co fin de pousar sobre a terra un sistema que se abstrae do vivo e do concreto. Non en tanto, identifícanse plenamente co método dialéctico do seu antecesor (a unidade, o dinamismo, o carácter histórico e o fundamento esencialmente contraditorio da realidade), por isto se lie chama a este grupo a esquerda Hegeliana, no marco da cal se insire Marx, xunto con Feuerbach, Strauss e Bauer.
Os representantes desta ala esquerda da escola hegeliana opóñense á interpretación espiritualista e conservadora do mestre, e negan a relixión e a Deus. Feuerbach propón a materia fronte á idea Hegeliana e acusa o seu sistema de teoloxía camuflada.
David Strauss na Vida de Xesús abordou os Evanxeos como un conxunto de mitos xurdidos espontaneamente e expresando as esperanzas e aspiracións das comunidades cristiás primitivas.
Bruno Bauer consideraba, non en tanto, que os Evanxeos son produto consciente dos seus autores que debe ser superado como a etapa histórica da que son reflexo. Chega mesmo a dubidar da existencia de Xesucristo ligando o xurdimento do cristianismo á vida espiritual e as correntes filosóficas da antigüidade. A querela teolóxica tiña unha clara consecuencia política: ao negar a relixión minábase un dos piares fundamentais do réxime absolutista vixente naquel momento.
Pero Marx consideraba que B. Bauer e o seus xoves correlixionarios padecían dunha serie de pexas entre as que subliña o seu desprezo pola praxe política por canto acreditaban nunha omnipotencia total da crítica teórica. Isto é, a convicción de que só o pensamento crítico de personalidades eminentes podía asegurar o progreso da consciencia humana; subestimando a importancia da actividade práctica dos seres humanos e, nominalmente, das masas populares. Anos despois, Engels axustaríalle contas no Anti-Dühring aos que centraban o seu combate na relixión mesmo pedindo a súa prohibición mentres que esquecían combater as bases sobre as que se fundaba o seu éxito (descoñecemento das forzas económicas que regulan as relacións humanas e coa natureza, que se presentan como estrañas e irracionais). Engels consideraba que interviñan sobre un reflexo fantástico no canto de actuar sobre as causas reais que o xeraban.
Ludwig Feuerbach (1804-1872). Foi un dos autores de máis sona coas que polemizaría o marxismo. Filósofo alemán materialista e ateo, foi separado da súa profesión de profesor auxiliar na Universidade Erlangen acusado de publicar un libro anónimo titulado Pensamentos acerca da morte e da inmortalidade (1830). Deus é interpretado por el como simple proxección ideal do home mesmo, como versión soñada a partir do noso propio coñecemento, ou sexa, como alienación. Pero esa alienación é algo por superar, e precisamente -seguindo en boa medida a Hegel- ve no cristianismo un paso positivo en canto a idea de Deus-Home, dándolle ao ser divino atributos humanos. Feuerbach defende que hai que inverter este binomio e darlle ao ser humano atributos divinos. Marx deixaría atrás a Feuerbach, sostendo que a alienación relixiosa non ten por que asumir un papel central nin primario, posto que desaparecería sen máis ao desaparecer as alienacións económicas e sociais.

3 Materialismo histórico
Marx recolle de Hegel o concepto de dialéctica por canto sostiña que a realidade non era algo fixo e inmóbil, senón que se atopaba en continua transformación. Esta transformación desenvólvese mediante a oposición de contrarios e unha serie de sínteses superadoras. Mais Marx desprende a dialéctica do idealismo hegeliano, segundo o cal a historia era un desenvolvemento da auto-conciencia. Para Hegel a natureza non tiña historia, só a sociedade, Marx estenderá á materia a idea de historia, de tal xeito que o ser humano forma parte desa historia e o pensamento humano, o espírito, non é mais que unha produción da natureza, aínda que elevada a un grao de complexidade e organización que nos semella mesmo separado e independente da propia natureza. Mais o materialismo de Marx oponse ao idealismo tanto como ao mecanicismo que considera o espírito unha simple suma de sensacións, pois coa conciencia, aínda que sexa un reflexo da materia, non ten unha relación unidireccional por canto tamén esta ten unha intervención sobre a base material, sobre a súa natureza.
Para Marx o ser humano é un ser activo: Non é mecanicista porque o home non é tratado como pasivo. E produto social (obxecto) e á súa vez é produtor da sociedade (suxeito). O seu materialismo non esquece o suxeito: o ser humano sofre pero tamén é protagonista da súa historia.
A dialéctica, en canto entende a realidade como diálogo entre opostos, non atende a un dos extremos sen o outro, como elementos independentes que interaccionan senón como harmonización de contrarios nunha outra realidade que os integra, do mesmo xeito que o pan, non é auga e fariña interaccionando senón unha outra realidade na que os dous compostos xa non se distinguen. Agora ben, para explicar a composición dese pan é preciso fixar a atención neses compoñentes que na medida que se extraen e se illan do propio pan xa deixan de formar parte desa realidade que pretendemos explicar. Este é o risco que asume Marx cando chama a atención sobre dous elementos constitutivos da sociedade:
En conclusión, a produción, distribución, intercambio e consumo de bens materiais son a raíz de que os seres humanos desenvolvan unha determinada mentalidade, por iso debe fixarse nese feito a análise da historia. Xa non será Deus, nin ningunha outra idea allea a realidade material a que explique o curso da historia senón que a propia realidade terá que ofrecer res-posta ao porqué do seu movemento.
3.1 As relacións de produción
Así pois, a produción, distribución, intercambio e consumo de bens materiais son a raíz de que os seres humanos desenvolvan unha determinada mentalidade, por iso debe fixarse nese feito a análise da historia. Xa non será Deus, nin ningunha outra idea allea a realidade material a que explique o curso da historia senón que a propia realidade terá que ofrecer res-posta ao porqué do seu movemento.
Así pois, a produción será a base da orde social. A produción, entendida como actividade pola que os homes crean bens materiais para poder vivir, debe comprenderse á luz dos seguintes conceptos:
3.2 Historia e loita de clases
Para entender as claves dese cambio social e do movemento da historia Marx fíxase no desenvolvemento destes tres aspectos:

- Base: O home constrúese a si mesmo en relación coa natureza e cos outros homes co fin de satisfacer as súas necesidades materiais.
- Superestrutura: Nestas relacións prodúcese socialmente a ideoloxía e a estrutura xurídico-política do Estado.
En conclusión, a produción, distribución, intercambio e consumo de bens materiais son a raíz de que os seres humanos desenvolvan unha determinada mentalidade, por iso debe fixarse nese feito a análise da historia. Xa non será Deus, nin ningunha outra idea allea a realidade material a que explique o curso da historia senón que a propia realidade terá que ofrecer res-posta ao porqué do seu movemento.
3.1 As relacións de produción
Así pois, a produción, distribución, intercambio e consumo de bens materiais son a raíz de que os seres humanos desenvolvan unha determinada mentalidade, por iso debe fixarse nese feito a análise da historia. Xa non será Deus, nin ningunha outra idea allea a realidade material a que explique o curso da historia senón que a propia realidade terá que ofrecer res-posta ao porqué do seu movemento.
Así pois, a produción será a base da orde social. A produción, entendida como actividade pola que os homes crean bens materiais para poder vivir, debe comprenderse á luz dos seguintes conceptos:
- Proceso de Traballo: Transformación dun obxecto en produto útil. No proceso de traballo hai que distinguir:
- Materia prima: Cada unha das que emprega a industria para a súa conversión en produtos elaborados.
- Medios de Produción: Conxunto de cousas coas que o home actúa sobre os obxectos do traballo.
- Forza de traballo (enerxía humana): Conxunto de enerxías físicas e espirituais das que o ser humano dispón e que utiliza no proceso de produción.
- Relacións de Produción: Neste contexto prodúcense as relacións sociais de produción, isto é, as relacións sociais que se establecen obxectivamente entre os produtores directos e os propietarios dos medios de produción, no proceso de produción, cambio, distribución e consumo dos bens materiais, en todo o modo de produción, estas relacións son conflitivas e antagónicas, alimentando o cambio social.
3.2 Historia e loita de clases
Para entender as claves dese cambio social e do movemento da historia Marx fíxase no desenvolvemento destes tres aspectos:
- Forzas produtivas: Forza de Traballo máis medios de produción. O desenvolvemento das forzas produtivas vai provocar mutacións nas relacións de produción.
- Modo de produción: Forma historicamente condicionada de obter os medios de subsistencia e producir a vida humana. Defínese pola unidade dialéctica entre forzas produtivas e relacións de produción. O modo de produción refírese a como se organizan as relacións de produción e historicamente para Marx os modos de produción foron:
- Modo de produción Primitivo: A base das súas relacións de produción eran a propiedade colectiva da comunidade sobre os medios de produción. O traballo do ser humano non xeraba excedentes por riba das súas necesidades vitais e a distribución dos produtos era igualitaria. Non se daba nin a desigualdade, nin as clases, nin a explotación do home polo home, non había Estado. O desenvolvemento das forzas produtivas deu orixe á propiedade privada e con ela á explotación duns seres humanos por aqueles que se apoderaron dos produtos do seu traballo. Deixou de matarse aos prisioneiros e pasouse a úsalos como escravos. A aparición do escravismo fixo descompoñer a sociedade primitiva.
- Modo de produción Escravista: As relacións de produción baséanse na propiedade dos donos de escravos sobre os medios de produción e sobre os escravos considerados como "ferramentas parlantes". As guerras de expansión (Grecia e Roma) eran as que subministraban os escravos ao modo de produción, pero tanto o feito de que esas guerras tiveron un límite, como o feito de que o propio modelo entraba en crise por canto a produtividade dos escravos era menor e de peor calidade que a dos campesiños libres, outro modo de produción se abre paso, o feudal.
- Modo de produción Feudal: Esta baseado na propiedade feudal sobre a terra e a propiedade parcial sobre os traballadores -os servos- así como na explotación destes últimos por parte dos señores feudais. A produción artesanal e o comercio foron centrándose nas cidades e deron en xerar unha nova clase social, a burguesía, que capitaneou o cambio cara un novo modo de produción, o capitalismo.
- Modo de produción Capitalista: Baseado na propiedade privada capitalista sobre os medios de produción e a explotación do traballo asalariado. Esta organización da produción provocará o nacemento dunha nova clase social, o proletariado, que será a forza motriz do cambio cara a unha nova forma económica.
- Modo de produción Socialista: Este modo de produción dos bens materiais estaría baseado na propiedade comunista de todo o pobo sobre os medios de produción, nas forzas produtivas desenvoltas omnilateralmente, que aseguren a abundancia de bens de consumo e a súa distribución segundo as necesidades.
- Loita de Clases: Non todas as sociedades teñen porqué pasar por estes diferentes modos de produción, nin as súas características son puras e exclúen a existencia doutro tipo de relacións económicas. Durante o escravismo existía artesanía e comercio, ou durante o capitalismo existen comunidades primitivas en certos lugares do planeta, e nos países capitalistas o Estado é propietario dalgún sector económico estratéxico, mais a categoría de modos de produción manifesta aquel aspecto dominante da base material dunha determinada comunidade, e en función de cal sexa ese modo de produción establecerase unha dinámica social polarizada polos grupos que compitan polo control dos medios de traballo, isto é, corresponderase cunha determinada maneira de concretarse a loita de clases como consecuencia das contradicións entre as forzas produtivas e os propietarios dos medios de produción. A loita de clases é o motor da historia. No seo da propia sociedade está a explicación do seu movemento.
4 Materialismo dialéctico
O marxismo critica a filosofía clásica por pretender explicar o mundo por enriba do saber científico supoñendo un saber especulativo independente e alleo aos descubrimentos científicos e tecnolóxicos. Fronte a isto, desenvolveuse unha metodoloxía de conexión entre os resultados científicos e a práctica do movemento obreiro, metodoloxía promovida fundamentalmente por Engels, se ben nunca desautorizada por Marx. En síntese Engels leva a cabo unha inversión da dialéctica hegeliana, poñendo materia no sitio de idea. A materia é viva e nela cúmprense as leis da dialéctica:
- Lei da conexión universal: Os fenómenos naturais non poden analizarse de xeito illado, senón como un todo.
- Lei do salto cualitativo: O aumento ou diminución de cantidade producen un cambio de cualidade.
- Lei de unidade e loita dos contrarios: A existencia de contrarios na realidade fai que a natureza sexa proceso, devir, cambio, dentro da necesaria unidade na que se concilian.
5 Alienación
Hegel dinos que a realidade é a idea que se fai obxecto exteriorizada na natureza, o suxeito enfróntase a ela, e a alienación é un momento necesario para logo reconciliarse no espírito suxeito e obxecto. Así pois segundo el esta concepción só se supera a alienación volvendo a idea así mesma. Para Marx isto faría perder a realidade do mundo para volverr a abstracción primitiva.
Para Feuerbach a alienación principal será a relixiosa. O home crea a Deus, e enfróntase a el como algo obxectivo, aliénase. Marx considera a alienación relixiosa ou calquera alienación ideolóxica como secundaria e derivada da alienación principal que é a económica. Considera que Feuerbach se queda na análise da alienación que sofre o home abstracto. Un tipo de ser humano que non existe na realidade.
O home concreto é o traballador, o obreiro que mediante o traballo produtivo, se proxecta sobre uns produtos, que se lle enfrontan ao ser apropiados polo capitalista, como algo alleo a el, o traballador deixa de ser produto do seu traballo, para ser mercadoría el mesmo. Os produtos do seu traballo non están baixo o seu dominio, considéraos como algo alleo a el, que non ten nada que ver con el.
É no traballo onde o home, en principio, debería realizarse como home. Pero nas condicións do traballo asalariado sucede exactamente todo o contrario: o que se produce é a alienación do home nunha cuádruplo alienación:
Marx critica o que el chama o “comunismo groseiro” (primitivo e dos seus contemporáneos), e que cualifica de “envexa xeral constituída en poder”, “desexo de nivelación”, que non é a supresión da propiedade privada, senón a súa absoluta “xeneralización”, e ademais, a “extensión a todos do destino do obreiro”. O comunismo marxista é concibido como desenlace inevitable da crise interna da sociedade capitalista, e a súa máxima é: “De cada un segundo a súa capacidade, a cada un segundo as súas necesidades”. O termo “alienación” desapareceu das obras seguintes de Marx, talvez para eliminar a terminoloxía filosófica de orixe idealista, pero o concepto segue presente baixo expresións distintas: “exterioridade”.
Na alienación do ser humano atopamos un primeiro momento no cal se dá un distanciamento de si mesmo, de desdobramento entre el e os produtos. O produtor convértese nun instrumento doutro home e remata cousificado. O traballador vende a súa forza produtiva e neste proceso é explotado por canto o propietario dos medios de produción extrae mais do que aporta, tal como Marx demostra na súa teoría da plusvalía:

- Con respecto ao produto do seu traballo: o produto debería ser a adxectivación do seu traballo, pero ao converterse en capital doutros, aparece ante o traballador como algo alleo a el, que el non posúe nin domina; ao contrario, “cantos máis obxectos produce o traballador, tanto menos alcanza a posuír, e tanto máis suxeito queda á dominación do seu produto, do capital”.
- Con respecto á súa propia actividade: ao ser o seu traballo apropiado por outro, o traballador atópase estraño no traballo. Como consecuencia prodúcese un paradoxo: sendo o traballo o máis propio do home, este, con todo, atópase estraño (alleo e a contragosto) no traballo: “O seu traballo non é voluntario, senón forzado, traballo forzado. Non é a satisfacción dunha necesidade, senón soamente un medio para satisfacer as necesidades fora do traballo”. En cambio, o home só se atopa satisfeito, libre, nas súas funcións animais (comer, durmir, procrear); “e nas súas funcións humanas sente como animal”.
- Con respecto á natureza: a natureza debería sentirse como o corpo inorgánico do home, pero aparece como algo alleo ao traballador, como propiedade doutro.
- Con respecto aos outros homes: o home, a diferenza doutros animais, é capaz de traballar solidariamente, esforzándose pola “especie humana”, pero o traballo alienado curta a súa relación coa humanidade e cada un traballa para si mesmo e as súas propias necesidades.
Marx critica o que el chama o “comunismo groseiro” (primitivo e dos seus contemporáneos), e que cualifica de “envexa xeral constituída en poder”, “desexo de nivelación”, que non é a supresión da propiedade privada, senón a súa absoluta “xeneralización”, e ademais, a “extensión a todos do destino do obreiro”. O comunismo marxista é concibido como desenlace inevitable da crise interna da sociedade capitalista, e a súa máxima é: “De cada un segundo a súa capacidade, a cada un segundo as súas necesidades”. O termo “alienación” desapareceu das obras seguintes de Marx, talvez para eliminar a terminoloxía filosófica de orixe idealista, pero o concepto segue presente baixo expresións distintas: “exterioridade”.
Na alienación do ser humano atopamos un primeiro momento no cal se dá un distanciamento de si mesmo, de desdobramento entre el e os produtos. O produtor convértese nun instrumento doutro home e remata cousificado. O traballador vende a súa forza produtiva e neste proceso é explotado por canto o propietario dos medios de produción extrae mais do que aporta, tal como Marx demostra na súa teoría da plusvalía:
- Valor-Traballo: O traballo é o que posibilita que un ben teña valor. O valor dun produto ten que ver co tempo de traballo necesario para a súa produción. Unha máquina que ten unha grande produtividade proporcionará artigos máis baratos, mentres que se o mesmo produto é feito a man, custará máis caro.
- Produción Capitalista: Ao alcanzar a produción de mercadorías un determinado grao de desenvolvemento, o diñeiro convértese en capital. A fórmula de circulación de mercadorías é M (mercadoría) - D (Diñeiro) - M (mercadoría). Isto é, prodúcese unha mercadoría para cambiala por diñeiro co fin de mercar outros produtos. Pero no capitalismo a fórmula invértese: O diñeiro invístese en mercadorías para xerar máis diñeiro, isto é, ganancia (D-M-D).
- Plusvalía: Este acrecentamento a respecto do valor primitivo do diñeiro é o que Marx chama plusvalía. A plusvalía non pode provir da circulación de mercadorías, pois esta só coñece o intercambio de equivalencias; tampouco pode provir do aumento dos prezos, pois as perdas e ganancias de vendedores e compradores equilibraríanse. Para obter plusvalía o posuidor de capital recorrerá á compra da forza de traballo polo seu valor pero obrigándolle á realización dun tempo de traballo suplementario co fin de xerar un plusproduto non retribuído polo capitalista. A plusvalía é pois a marxe de valor producido polo traballo asalariado do que se apropia o capitalista.
6 Ideoloxía
Como vimos anteriormente a estrutura social está composta por unha infraestrutura económica ou base e tamén por unha superestrutura ideolóxica. A infraestrutura é o soporte sobre o que se sostén a ideoloxía. E a superestrutura entendida como orde xurídica e ética, conxunto de ideas, cultura, institucións, etc. serven para esconder e falsear as contradicións internas do sistema económico, facendo ver que no canto de ser dominantes por convir a clase dominante, son boas é útiles para o común da sociedade. Nunha sociedade dividida en clases, para Marx, todas as ideas teñen o seu cuño de clase. E a historia das ideoloxías podería escribirse do seguinte xeito:
- Estadio Pre-ideolóxico: O home diferenciase dos animais cando empeza a fabricar os seus propios instrumentos de produción. Sometido ás forzas naturais sacralizadas, e establece unha relación relixiosa coa natureza.
- Nacemento das ideoloxías: Coa división do traballo aparecen as ideoloxías como forma de conciencia deformada, e sepárase o pensamento da praxe. A ideoloxía dominante é a da clase dominante. E lexitimadora dos seus intereses.
- Morte das ideoloxías: Fronte á ideoloxía está a ciencia que trunfará como forma de comprender a realidade cando desapareza a loita de clases. Para Marx non é concibíbel unha desaparición das ideoloxías mentres non exista unha fraternidade universal.
7 Humanismo marxista
Haz clic aquí para modificar.