1 Características xerais
Alexandre Magno unifica todo o ámbito Helénico e estende o seu espírito polos seus dominios ata a India e Exipto. Logo da súa morte asístese á fragmentación do seu imperio, a desaparición da "Polis" como lugar autónomo, e dáse unha forte recesión económica que provoca un retraemento dos intelectuais verbo das causas comúns, para xirar sobre si mesmos. Buscan novos camiños para que o individuo atope a súa felicidade á marxe da colectividade axudándose da ciencia e da moral para satisfacer as súas necesidades espirituais e das ciencias naturais para resolver os seus problemas prácticos. Xorde pois a conciencia de que a felicidade do individuo non ten por que coincidir coa do seu Estado e que o desarraigo dun Estado concreto abre a este a considerarse cidadán de todos. A inviabilidade de rebelión política para mellorar colectivamente a vida leva a refuxiarse nun apoliticismo que non deixa de ser consciente da falsidade das normas sociais fundadas na forza, reafirmando como contrapunto o estudo dunha natureza que pode rescatalos dun escepticismo que nalgúns casos mesmo chegou até as últimas consecuencias cuestionando calquera posibilidade de coñecer. En calquera caso, a maioría das correntes filosóficas confía en que a natureza lle aporte certezas para ter a que agarrarse nun entorno tan confuso como o que lles toca vivir. Aínda que a preocupación sexa práctica, isto é, para fundamentar unha ética. Esta non pode basearse no baleiro ou na invención conveniente. Por iso hai interese científico-natural mais non para atopar unha explicación metafísica e xeneral como fin en si mesmo senón tan só como medio para topar un chan firme no que apoiar o ideal do sabio que é quen de tomar as rendas da súa vida para facer aquelo que -por outra parte- debe facer seguindo á natureza ou deus. Esta conquista de si mesmo en parte non é outra cousa que asumir que o que non depende dun, o externo a un, o curso da natureza, só cabe ter a capacidade de aceptalo tal como vén.
O imperio supuxo unha extensión da cultura e pensamento grego máis tamén o contacto e mistura cos doutos pobos que abranguía. Algún deles cunha relixión e mística moi desenvolta de xeito que non é de estrañar que ademais de resolver cuestións prácticas desentendéndose das respostas globais, tamén hai unha evasión mística apoiada nas diversas tradicións relixiosas que se mesturan en elevadas especulacións que se afastan do cotiá e da situación concreta política e social na que viven.
Pódese datar entón este período collendo como referencia do seu comezo a morte de Alexandre Magno no 323 a.n.e. e sinalar o seu remate cara o século II a.n.e. no que Grecia pasa a ser unha provincia do Imperio Romano, aínda que se pode ampliar até o 529 no que Xustiniano mandou clausurar as escolas filosóficas de Atenas pois até entón se prolonga a supervivencia das correntes filosóficas e moitas das características sinaladas a respecto da devandita etapa.
Así pois, os sub-imperios alexandrinos asumen a herdanza cultural grega pero a mistura é inevitábel e a pluralidade de escolas de pensamento nas que se condensa o pensar da época tamén, mais, en resume, pódese establecer unha serie de características comúns:
Comospolitismo: Cidadáns do mundo. Calquera país é a propia casa, mais como as leis dun sitio non valen noutro, quedará en evidencia a súa arbitrariedade dubidosa polo que o seu respecto ha ser relativo e irá desde os que lle teñan o máximo desprezo rebelándose contra todas elas até os que as sigan formalmente (de cara a ao exterior) mais non por convicción interior. Os primeiros serán prototipo de transgresores (entre os que destaca o cínico Dióxenes) e os últimos dunha abstencionista aceptación da situación política (se ningunha lei é a verdadeira, non podemos defender unha mellor que a que existe, e polo tanto acatemos a que hai por conveniencia, para non sufrir castigo...).
Autarquía: Autosuficiencia. Mais ao someterse unicamente á obediencia da natureza, esta é contraposta ao “nomos” (os costumes regrados e as convencións), e xa que logo, esta autarquía terá un sentido anti-intelectual diferenciándose de Sócrates, pois estará vinculada a satisfacción das necesidades físicas. E para lograla é fundamental conformarse con pouco, non aspirar a grandes riquezas, apañarse co mínimo.
Ataraxia: Apatía. Tranquilidade interior. Renunciando a decidir ou implicarse en cuestións exteriores que perturben o seu ánimo.
Epoché: Suspensión do xuízo respecto do coñecemento das cousas. Estado de repouso mental polo cal nin afirmamos nin negamos, ou se se quere unha actitude mental de imperturbabilidade. Este concepto terá diferente intensidade segundo a escola, chegando á súa máxima expresión no escepticismo. A suspensión do xuízo non significa que se negue o coñecemento senón que nin sequera se afirmou ou se nega iso, simplemente se abstén de decidirse ao respecto.
Aphasia: Non pronunciarse, non dicir nada.

- Pragmatismo en busca da solución dos problemas por riba da pluralidade de temas.
- Especialistas en técnicas e artes que responden ás necesidades dun amplo espazo comercial.
- Eclecticismo e desarraigo dos grandes mestres anteriores e dos grandes sistemas con aspiracións globalizadoras.
Comospolitismo: Cidadáns do mundo. Calquera país é a propia casa, mais como as leis dun sitio non valen noutro, quedará en evidencia a súa arbitrariedade dubidosa polo que o seu respecto ha ser relativo e irá desde os que lle teñan o máximo desprezo rebelándose contra todas elas até os que as sigan formalmente (de cara a ao exterior) mais non por convicción interior. Os primeiros serán prototipo de transgresores (entre os que destaca o cínico Dióxenes) e os últimos dunha abstencionista aceptación da situación política (se ningunha lei é a verdadeira, non podemos defender unha mellor que a que existe, e polo tanto acatemos a que hai por conveniencia, para non sufrir castigo...).
Autarquía: Autosuficiencia. Mais ao someterse unicamente á obediencia da natureza, esta é contraposta ao “nomos” (os costumes regrados e as convencións), e xa que logo, esta autarquía terá un sentido anti-intelectual diferenciándose de Sócrates, pois estará vinculada a satisfacción das necesidades físicas. E para lograla é fundamental conformarse con pouco, non aspirar a grandes riquezas, apañarse co mínimo.
Ataraxia: Apatía. Tranquilidade interior. Renunciando a decidir ou implicarse en cuestións exteriores que perturben o seu ánimo.
Epoché: Suspensión do xuízo respecto do coñecemento das cousas. Estado de repouso mental polo cal nin afirmamos nin negamos, ou se se quere unha actitude mental de imperturbabilidade. Este concepto terá diferente intensidade segundo a escola, chegando á súa máxima expresión no escepticismo. A suspensión do xuízo non significa que se negue o coñecemento senón que nin sequera se afirmou ou se nega iso, simplemente se abstén de decidirse ao respecto.
Aphasia: Non pronunciarse, non dicir nada.
2 Ciencia
Relacionado coa busca de solucións a problemas prácticos, o desenvolvemento da ciencia vaise acelerar neste período aparecendo ideas innovadoras sobre a visión do mundo. Ademais de dúas institucións que rexistran os avances científicos e que dan conta do papel relevante que se lle dá a esta actividade como é o caso do museo e da biblioteca.
Filosofía e ciencia estaban unidas ao principio nos físicos milesios. No seu momento supón un avance para ambos as dúas dimensións pois supuxo que a ciencia se erguese sobre a técnica ou mera observación e que a filosofía se pousase na experiencia empírica. Afirmábase que os babilonios rexistraban os feitos naturais, pero son os gregos quen organizou estes datos en teorías. A astronomía babilonia tiña como obxectivo a adiviñación, era sobre todo astroloxía, foi cos gregos que se converteu esta en investigación científica. Pódese dicir que figuras como Tales de Mileto ou os Pitagóricos son precursores da ciencia que florecería no helenismo pois neles atopamos elementos que terán continuidade con posteridade, máis tamén é certo que co helenismo perderase esa pretensión de explicación final e total coa que se iniciaban os primeiros filósofos. Se Tales era unha mestura de científico e filósofo, no helenismo atoparemos certa especialización mesmo dentro da ciencia nos diversos ámbitos nos que se irá formalizando. Mais non sería posíbel chegar ao Helenismo sen pasar pola experiencia da filosofía clásica pois compre lembrar que nos pensadores presocráticos, por exemplo, aínda non se discirne claramente dúas categorías fundamentais como son espírito e materia.
Así pois a ciencia independízase da filosofía. A ciencia dividirase en ramas que tratarán de abordar cuestións específicas e particulares. De feito moitas das ciencias actuais arrancan dese momento coa súa propia autonomía. Estes son algúns dos fitos da ciencia helenística:
Euclides
Euclides de Alexandría (360 a.C. - 295 a.C.) foi un profesor, matemático platónico e escritor de orixe descoñecida, criador da famosa xeometría euclidiana: o espazo euclidiano, inmutable, simétrico e xeométrico, metáfora do saber na antigüidade clásica, que se mantivo incólume no pensamento matemático medieval e renacentista, pois só nos tempos modernos puideron ser construídos modelos de xeometrías non-euclidianas. Tería sido educado en Atenas e frecuentado a Academia de Platón, en pleno florecemento da cultura helenística.
Aristarco de Samos, nado contra o 320 a. C. e finado contra o 250 a. C., astrónomo e matemático grego, nacido en Samos, Grecia. El é a primeira persoa, que se coñeza, que propón o modelo heliocéntrico do Sistema Solar, colocando o Sol, e non a Terra, no centro do universo coñecido.
Eratóstenes, nado no ano 276 a.C. e finado no 194 a.C., foi un matemático, xeógrafo e astrónomo grego.
Nado en Cirene, na actual Libia, estudou en Alexandría e posteriormente en Atenas. Tivo como mestres a Aristón de Quíos, a Lisanias de Cirene e ao poeta Calímaco e foi grande amigo de Arquimedes. Dende o 236 a.C. dirixiu a Biblioteca de Alexandría a petición do faraón Ptolomeo III.
Arquimedes, nado en Siracusa no 287 a.C. e finado no 212 a.C., foi un científico, matemático, físico e inventor grego. Foi o máis importante matemático da Antigüidade. Creou un método para calcular o número π (razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro) coa aproximación tan grande canto se queira. Cría que nada do que existe é tan grande que non poida ser medido. Perfeccionou, pois, o sistema grego de numeración, creando unha notación cómoda para os números moi grandes, semellante ao actual sistema exponencial. En resume estas serías algunhas das súas achegas:
Hiparco, nado en Nicea (Bitinia) cara ao 194 a. C. e finado cara ao 120 a. C.), foi un astrónomo, construtor, cartógrafo e matemático heleno.
Herón (ou Hero) de Alexandría (10 a 70 d. C.) foi un enxeñeiro e matemático helenístico, que destacou en Alexandría (na provincia romana de Exipto); exerceu de enxeñeiro na súa cidade natal, Alexandría. Este grego é considerado un dos científicos e inventores máis grandes da antigüidade1 e o seu traballo é representativo da tradición científica helenista
Xoán Filopón ou Filópono (490 - 566) foi un teólogo bizantino. Estudou tamén filosofía, física, astronomía, aritmética e xeografía. Os seus comentarios sobre algunhas das obras de Aristóteles e sobre a teoría do ímpetos foron moi populares no seu tempo e na Idade Media por mor das traducións que fixese del Jean Buridan. As súas teorías teolóxicas son adscribíbeis ao monofisismo (defende a existencia dunha soa natureza en Cristo).
Erasístrato (304 a 250 a. C.) foi un médico clínico e experimental e un anatomista da Grecia Antiga, nacido en Iulis, na illa de Ceos. Foi xunto a Herófilo o fundador da Escola de Alexandría de medicamento baixo o reinado da Dinastía Ptolemaica. Foi o médico de Seleuco I de Siria, logrando curar ao seu fillo Antíoco. Os seus traballos e descubrimento fanlle precursor da neurofisioloxía e a neuroloxía no período helenístico. Pode ser tamén considerado fundador da fisioloxía experimental, pois fixo moitos descubrimentos realizando experimentos con animais.
Claudius Ptolomaeus ou Ptolomeo, nado en Exipto no ano 100 e falecido no 178, foi un polígrafo grego, recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronomía e cartografía (onde ficou coñecido por ser un dos primeiros cartógrafos, se non o primeiro, en usar escala nos mapas).

- Director do Museum, Autor de "Os Elementos", cumio da matemática helenística, contido e método.
- Resume sistemático de toda a xeometría grega no círculo e a recta
- Síntese de toda a teoría dos números
- Sistema dedutivo, ensamblaxe dos teoremas coñecidos
- Aportou a xeometría tridimensional
- Estableceu un método rigoroso entre o que destacou a redución ao absurdo.
Aristarco de Samos, nado contra o 320 a. C. e finado contra o 250 a. C., astrónomo e matemático grego, nacido en Samos, Grecia. El é a primeira persoa, que se coñeza, que propón o modelo heliocéntrico do Sistema Solar, colocando o Sol, e non a Terra, no centro do universo coñecido.
- Proporcións xeométricas do universo
- O sol dista mais da terra que a lúa. É maior
- Afirmou que o Sol era inmóbil coma as estrelas, movéndose a Terra ao seu redor (Heliocentrismo).
Eratóstenes, nado no ano 276 a.C. e finado no 194 a.C., foi un matemático, xeógrafo e astrónomo grego.
Nado en Cirene, na actual Libia, estudou en Alexandría e posteriormente en Atenas. Tivo como mestres a Aristón de Quíos, a Lisanias de Cirene e ao poeta Calímaco e foi grande amigo de Arquimedes. Dende o 236 a.C. dirixiu a Biblioteca de Alexandría a petición do faraón Ptolomeo III.
- Realizou a primeira medición do diámetro da terra equivocándose só en 400 km.
- Afirmou que o plano sobre o que xira a terra ao redor do sol é elíptico.
- Fixo un mapa bastante apreciable do mundo antigo
- Estableceu un calendario segundo o cal cada catro anos é preciso contar un día mais.
Arquimedes, nado en Siracusa no 287 a.C. e finado no 212 a.C., foi un científico, matemático, físico e inventor grego. Foi o máis importante matemático da Antigüidade. Creou un método para calcular o número π (razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro) coa aproximación tan grande canto se queira. Cría que nada do que existe é tan grande que non poida ser medido. Perfeccionou, pois, o sistema grego de numeración, creando unha notación cómoda para os números moi grandes, semellante ao actual sistema exponencial. En resume estas serías algunhas das súas achegas:
- Xeometría, Aritmética e Enxeñería: Teorema que daba volume e superficie á esfera
- Solución ao problema de dividir o ángulo en partes iguais.
- Definición do peso
- Doutrina da panca
Hiparco, nado en Nicea (Bitinia) cara ao 194 a. C. e finado cara ao 120 a. C.), foi un astrónomo, construtor, cartógrafo e matemático heleno.
- Anotou a aparición dunha nova estrela
- Medición mais precisa da inclinación elíptica
- O sol non se atopa sempre a mesma distancia da terra.
- Determinou a duración do ano cun erro de 6 m.
- Iniciador da trigonometría (relación de medidas angulares con distancias)
Herón (ou Hero) de Alexandría (10 a 70 d. C.) foi un enxeñeiro e matemático helenístico, que destacou en Alexandría (na provincia romana de Exipto); exerceu de enxeñeiro na súa cidade natal, Alexandría. Este grego é considerado un dos científicos e inventores máis grandes da antigüidade1 e o seu traballo é representativo da tradición científica helenista
- Construtor dunha rudimentaria turbina de vapor.
Xoán Filopón ou Filópono (490 - 566) foi un teólogo bizantino. Estudou tamén filosofía, física, astronomía, aritmética e xeografía. Os seus comentarios sobre algunhas das obras de Aristóteles e sobre a teoría do ímpetos foron moi populares no seu tempo e na Idade Media por mor das traducións que fixese del Jean Buridan. As súas teorías teolóxicas son adscribíbeis ao monofisismo (defende a existencia dunha soa natureza en Cristo).
- Rexeita a teoría dos movementos violentos e fala de Ímpetos (antepasado dos conceptos da inercia, o impulso e a aceleración na mecánica clásica).
Erasístrato (304 a 250 a. C.) foi un médico clínico e experimental e un anatomista da Grecia Antiga, nacido en Iulis, na illa de Ceos. Foi xunto a Herófilo o fundador da Escola de Alexandría de medicamento baixo o reinado da Dinastía Ptolemaica. Foi o médico de Seleuco I de Siria, logrando curar ao seu fillo Antíoco. Os seus traballos e descubrimento fanlle precursor da neurofisioloxía e a neuroloxía no período helenístico. Pode ser tamén considerado fundador da fisioloxía experimental, pois fixo moitos descubrimentos realizando experimentos con animais.
- Corrixiu as funcións que Aristóteles atribuíra ao corazón (pensamento e facultades mentais) situándoas no cerebro.
Claudius Ptolomaeus ou Ptolomeo, nado en Exipto no ano 100 e falecido no 178, foi un polígrafo grego, recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronomía e cartografía (onde ficou coñecido por ser un dos primeiros cartógrafos, se non o primeiro, en usar escala nos mapas).
- Defendeu o sistema xeocéntrico. Seu sistema non pretende descubrir a realidade senón é só un cálculo.
- As órbitas son levemente excéntricas
- Acepta a idea da Terra quieta.
- Emprega exclusivamente movementos circulares e uniformes
- Prevía con bastante precisión cambios celestes.
3 Ética
As éticas helenísticas supoñen a aparición de normas de conduta individuais que se caracterizan pola transgresión (desobedecer as normas sociais) na busca de emancipación individual a través da autarquía (independencia) para lograr a felicidade a través da ataraxia, ou indiferenza fronte as paixóns que axitaban a existencia (serenidade de ánimo).
As solucións éticas non son políticas como en Platón e Aristóteles senón que só competen e comprometen a cada un en particular.
3.1 Os cínicos
O seu fundador foi Antístenes, un discípulo de Sócrates, e Dióxenes de Sínope o representante máis celebre. A escola cínica debe o seu nome ao feito de Antístenes ensinar no cinosargo (mausoleo dos cans) e tamén por chamarse a si mesmo "can" ilustrando así o desprezo pola opinión e convencións sociais. Cínico en grego quer dicir canino. Os cínicos esaxeran a doutrina socrática da ironía para lévala ata o escarnio.
A simplicidade, o inconformismo e a impertinencia de Dióxenes reflíctese nalgunha das lendas que chegaron a nós sobre el como a que contaba que vivía nun bocoi, e que cando Alexandre Magno se lle achegou para ofrecerlle que pedise o que quixese, dise que o único que lle demandou era que non lle tapase o sol. Estas anécdotas, independentemente da súa veracidade ou non, son reflexo do modo de vida e da sabedoría dos cínicos. Identifícanse coa autarquía e afirman que o camiño para conseguila é a supresión das necesidades, de ai que fuxan da escravitude dos praceres e sosteñan a vida ascética. Ráchanse todos os lazos co Estado e coa cultura (Dióxenes viuse obrigado a exiliarse de Sinope porque se dedicou a invalidar moedas en curso estragándoas cun punteiro), teñen un desdén por toda teoría e pola verdade, élle indiferente a familia e a patria, non cumpren as leis porque consideran que estas son locais e eles séntese cidadáns do mundo (cosmopolita). O cínico diferenciábase dos demais pola súa desvergoña radical, por adoptar modos de vida que escandalizaban os seus conveciños (masturbación en público...), pola liberdade de palabra e a austeridade.
3.2 Os cirenaicos
Fundada esta escola por Aristipo de Cirene, tendo semellanzas cos cínicos. Para Aristipo o ben supremo é o pracer, isto é as sensacións agradábeis. De aí que se identifique a escola coa defensa do hedonismo (busca do pracer e fuxir da dor). O problema é cando o pracer nos domina pois é preciso dominar ao pracer. Non debemos pois apaixonamos, o sabio ten que ter as rendas da súa vida para adaptarse a todas as situacións. Nisto volven coincidir cos cínicos como con todos os moralistas helenísticos, que sostiñan o ideal do sabio independente e imperturbábel.
3.3 Os estoicos
O estoicismo é fundado por Zenón de Cita, un discípulo dos cínicos, e é retomado por Oleantes de Assos e por Crisipo e chega ata o período romano no que destacan Séneca e Epicteto, e mesmo o emperador Marco Aurelio.
O lema dos estoicos será "vivir en harmonía coa natureza" o que significa, para o home, comprender a orde universal e conformarse con ela. Só o ser humano ten capacidade de representación e, por conseguinte, de participar consciente e activamente na razón universal. Pasa iso, o sabio estoico debe dominar as súas paixóns e comprender que todo o que acontece é conforme á orde universal, mesmo a morte dunha persoa querida. Trátase de non apropiarnos daquilo que nos é estraño -o acontecemento- dándolle o noso asentimento a través da facultade que nos é propia: a razón. O sabio estoico cumpre co deber social que lle é encomendado con total indiferenza cara el.
3.4 Epicureísmo
Esta doutrina fundada por Epicuro está baseada nun ideal de sabedoría, segundo o cal a felicidade, ou sexa a tranquilidade da alma, é o obxectivo da moral; este ideario incita a non temerlle nin aos deuses (están lonxe dos humanos e non poden chegar a nos nin para axudarnos nin para castigarnos) nin á morte (a morte é a nada, e non se pode temer a nada) e a procurar os praceres simples e naturais da existencia (a dor e o mal son fáciles de evitar e ningún dura moito tempo, os praceres e o ben son fáciles de conseguir e desprazan o sufrimento).
Diferenciase das outras escolas na importancia que lle concede a un coñecemento científico da realidade para conseguir a meta que se propón de lograr a felicidade, a cal está intimamente ligada ao pracer (hedonismo). Este coñecemento científico non só proporciona solucións prácticas que facilitan a boa vida senón tamén escorrentan concepcións irracionais sobre o mundo que perturban o noso ánimo baseadas en concepcións erróneas ou esperanzas vas.
3.5 Escépticos
O escepticismo mais xenuíno sería o dos pirronistas, dos que se consideraban a si mesmos seguidores de Pirrón de Elide.
Pirrón non escribiu nada e as súas ensinanzas eran totalmente orais, conforme os costumes da época, pero tivo un discípulo, Timón de Flio, que deixou escritas as teorías de Pirrón.
Pirrón declaraba que as cousas eran igualmente indiscerníbeis, inconmensurábeis e indeterminábeis, por esta razón non debemos fiarnos dos sentidos nin facer xuízos. Actitude que nos libra de facer afirmacións e deste xeito libéranos de calquera inquietude. A suspensión do xuízo non lle afecta só a cuestións materiais senón tamén as morais, e con esta disposición do ánimo poderemos chegar a non pronunciarnos sobre nada e conseguir a ataraxia ou serenidade do espírito.