É inútil que se intente administrarnos con biberón unha cultura trasegada mil veces e esterilizada en acreditados laboratorios centralistas, porque nós, separadamente da instrución que non necesita cuño de orixe, só admitiremos aquela cultura de creación, viva, que poida mamarse na propia teta.