A arte comprometida
Paulo Porta Martínez

Castelao foi a personalidade máis carismática que deu o Galeguismo, e xa que logo unha das máis estudadas. Con todo, a variedade de ideas e propósitos de quen fala e escrebe sobre el tamén se traduce nunha colección de retratos que ás veces non parecen ser da mesma persoa.
As súas dotes de comunicador permitíronlle acadar a identificación de moita xente coa súa fala, a súa escrita e a súa obra artística. Mais o xeito en que este carácter multifacético foi resaltado non sempre busca a valoración cabal das súas achegas. Unha constante cuestionábel nas exposicións sobre Castelao que tiveron lugar con motivo do centenario do seu nacemento foi destacar a súa faceta artística ata o punto de presentalo como un debuxante humorístico que por avatares da vida acabou metido en política. A súa obra amosábase sen orde nin criterio, facendo fincapé nas súas viñetas máis cómicas, mentras unha e outra vez era loubado como “humorista xenial”.
Este enfoque agocha unha minusvaloración da súa significación ideolóxico-política e unha deformación da realidade, mais a súa obra, clara e contundente, pode ser analisada sen apriorismos poñendo as cousas no seu sitio. Algo tan sinxelo como ordeala cronolóxicamente xa abonda para acrarar moitas cousas, e cun pouco de atención sería lóxico concluir que a intención básica de toda ela foi promover a mobilización social e non a comicidade, sendo esta última un recurso estilístico que acabou por amosar as súas limitacións e foi paulatinamente descartado, permitindo unha visíbel mellora dos resultados, tanto no temático como no estético.
No congreso de 1986 xa defendín a idea de que a obra gráfica de Castelao amosa unha clara evolución cronolóxica parella ao asentamento da súa ideoloxía e coherente cos seus princípios estéticos. Nunca foi teórico doutra arte que a galega, e mesmo as observacións sobre movementos contemporáneos europeus respondían á vontade de definir un marco estético para a renovación da arte no noso País.
Un punto de inflexión foi a exposición en 1920 do álbum Nós, recompilación das imaxes con maior contido social e menos cómicas publicadas durante os anos anteriores. Nos seguintes Castelao insistiu no uso da caricatura, que lle resultaba atractiva por ser novidosa, antiacadémica e directa. Porén, foi unha práctica cada vez máis marxinal, que non daba solución á problemática que nos seus escritos e discursos foi formulando en base a principios como tradición, identidade nacional, universalidade, espiritualidade ou moralidade. Estas ideas supuxeron un posicionamento moi estricto, que renunciaba á teorización e a prácticas estéticas refinadas, buscando unha opción alonxada tanto do tipismo amábel dos pintores galegos consagrados como de calquera rupturismo formal que supuxese deshumanización ou impedise a conexión da arte avanzada coas formas tradicionais e populares.
Castelao dicia non ter visto nunca unha árbore, pero sí maceiras, carballos ou cerdeiras. A minuciosidade das suas pinturas non era detallismo superficial, era unha busca da estructura íntima das cousas. Tampouco os tipos humanos son arquetipos. Amosan a individualidade crível da colectividade, os riscos individualizabeis. Isto foi, xunto cunha evidente lucidez na economia de trazos, na síntese posterior a unha análise profunda, o que lle permitiu estar, como dixo Carvalho Calero, máis perto do sentir popular que o propio pobo, logrando que as personas reais, protagonistas das súas imaxes, se recoñecesen nelas.
Cara o ano 30 decae claramente o seu labor artístico: problemas de visión, a morte do fillo, o aumento da actividade política e un relativo esgotamento das posibilidades de descubrir algo novo por médio dun humorismo gráfico que viña practicando en séries extensas como 50 homes por dez reás ou Cousas da vida, sen superar a cualidade estética do álbum Nós. Os discursos O Galeguismo na arte de 1930 e O novo esprito na arte de 1932 parecen ser a conclusión do seu labor, limitándose logo a documentar gráficamente os seus estudos sobre as cruces de pedra, co álbum da Bretaña.
Nos anos da República entregouse por completo ao labor político, e en 1937 trasladouse a Valencia en calidade de parlamentario. A aparición de Galicia Mártir cando ninguén agardaba pola súa parte unha achega artística abriu unha nova etapa na arte republicana da guerra civil, e sorprendeu tamén dentro da sua traxectória persoal pola novidade dos plantexamentos estéticos e técnicos.
Nos debuxos de guerra de Castelao vemos unha crara evolución estilística que parte dun parentesco coas estampas de Nós. En Galicia Mártir combina o debuxo liñal e caligráfico que sempre fixera co emprego de aguadas sutís que case non se aprecian nas reproduccións litográficas. A temática son os abusos cometidos no principio da ocupación polos nacionais na Galiza. Teñen claros vínculos cos Desastres de Goya: composición sinxela e rotunda, figuras centradas no espazo e poucos elementos narrativos de fondo. Comparado co albun Nós é un debuxo menos sintético, máis expresionista, con menos siluetas e máis pinceladas grises e escuras. Algunhas láminas apareceron logo nas principais publicacións de propaganda republidana, e o álbum deu lugar a unha eclosión de carpetas de debuxos e albuns mixtos.
Meses despois Atila en Galicia presenta algunhas diferencias: estampas menos narrativas, ambientais, con moi escasas liñas e aguadas de tinta que construen as formas e definen de xeito dramático a escea. O asunto son de novo os feitos contados por persoas fuxidas da zona ocupada, temas que a Castelao lle doian especialmente. Aparecen escenas de violencia, ainda que non a específica dos combates, senón as violacións e abusos que sofria a poboación civil. Os protagonistas son case sempre bandas de falanxistas ou gardas civís.
En Milicianos a evolución prosegue: ademáis dos trazos liñais desaparece tamén a gradación de grises, resultando así composicións ainda máis contrastadas, máis adecuadas á litografia, máis na maneira de traballar doutros debuxantes familiarizados con este medio, con trazos negros que compoñen as formas chegando a ocupar tanta superfície que se perden os detalles e calquera referencia ao escenario. Na temática pérdese tamén a referencia espacial, que xa non será Galiza senón máis probabelmente outros lugares onde os combates duraron máis tempo. Tampouco aparecen os agresores nen os mártires da guerra. Milicianos é unha homenaxe aos defensores da República, aos voluntarios alistados nos primeiros meses da guerra.
A tranformación das bases estéticas e técnicas deste conxunto de obras confirma que a traxectoria de Castelao segue unha liña ascendente, de dualidade entre a comicidade e o realismo, que se vai decantando en favor deste último e culmina de forma rotunda coas láminas de guerra. Castelao renegara unha vez dos seus primeiros debuxos, de ter posto personaxes da Terra “provocando as risas de señoritos licenciados”. Nas viñetas e caricaturas estas personaxes retrucaban coa sua sabiduria popular, no álbum Nós, en Cousas, falaban de min a ti co espectador, coa iñocencia dos humillados, coa conciencia dos que sofren, coa esperanza dos que resisten. Pero nas láminas de guerra, os protagonistas son santos, mártires ou herois. Non hai nestes debuxos nengunha intención de facer rir, só de tendernos unha man ineludibel de sofrimento común.

Nós |
Galiza Mártir (1937) |
Atila en Galiza (1937) |
Milicianos (1938) |